Instalación Awstats
Como nota indicar que as mellores indicacións para instalar unha aplicación ou como neste caso sistema de análisis de logs, está na propia documentación da aplicación.
Tamén hai que ter en conta que se supoñen uns lixeiros coñecementos dun servidor web como o apache e do sistema Linux.
Neste caso temos unha gran documentación con unha FAQ moi interesante.
- Descarga de Software. Aquí
- Ter a man a propia documentación do sistema, Aquí
- Ter a man a FAQ do Awstats, Aquí
Unha vez que teñamos o arquivo, neste caso a actual beta é Awstats 6.5, descomprimimos o arquivo, quedando un directorio da forma awstats-6.5.
LnWiFiWeb:~# tar xvfz awstats-6.5.tar.gz
Así obtemos o directorio. A estructura do directorio é:
docs README.TXT tools wwwroot
- docs: copia da documentación online referenciada anteriormente
- README.TXT: documentación da aplicación, referencia rápida en modo texto
- tools: aplicación que analiza os logs do sistema
- wwwroot: directorio onde se atopan os scripts que se encargan de mostrar os datos
Renomeamos o directorio creado (awstats-6.5) e poñémolle awstats. Movemos o directorio /usr/local/, de modo que a estructura anterio quede “debaixo” de /usr/local. Estas indicacións poden ser obviadas, xa que os directorios poden variar, pero para unha instalación rápida, esta é a estructura que da menos problemos.
A continuación entramos no directorio /usr/local/awtstats/tools, e executamos awstats_configure.pl. Seguimos as indicacións do configurador e indicamos onde se atopa o log de acceso do apache.
Unha vez rematado, teremos o ficheiro de configuración do apache modificado e un ficheiro de configuración do log que queremos analizar. Este ficheiro atópase en /etc/awstats (se seguimos as instruccións por defecto). O primeiro que debemos facer é modificar unha variable de configuración de dito ficheiro. Os ficheiros teñen a forma:
awstats.www.aminhaweb.gz.conf
Accederemos ó ficheiro e modificaremos o seguinte:
LogFile=”/var/log/apache2/access.log”
En esa variable indicamos o ficheiro log que queremos analizar, que é o log que xera o apache.
Unha vez feito esto, debemos crear o directorio /var/lib/awstats , e dito directorio debería ter permisos de escritura para o usuario que executará a aplicación de análise do awstats.
Para actualizalo, de un modo rápido e sinxelo, temos que executar o seguinte comando:
LnWiFiWeb:/usr/local/awstats/tools# ./awstats_updateall.pl now
Para finalizar temos que modificar as liñas de configuración que o asistente xerou anteriormente. As liña que hai que modificar é a seguinte:
Options FollowSymLinks
Esto atópase dentro da etiqueta Directory e ca opción que pon o configurador, nunca logrei que funcionase.
Para acceder vía web ós datos analizados:
http://localhost/awstats/awstats.pl?config=www.aminhaweb.gz
Para modificar certos parámetros das cores, etc. deberemos cambialos no ficheiro de configuración que se atopaba en /etc/awstats
Enlaces interesantes:







