Aproveitar un vello trasto ?? NEC 2100A convertida a NEC 2510A
É posible convertir unha gravadora que solo acepta DVD+R e non pode escribir en DVD de doble capa, nunha gravadora capaz de escribir DVD+-R e DVD+R DL.
Para isto é necesario cambiar o firmware que trae de fábrica e “instalarlle” unha nova versión. O método máis seguro é facelo con dous disquetes, un para iniciar o sistema e o outro para copiar o firm ó aparato.
Para empezar descargamos un arquivo que creará un disquete de arranque co CALDERA DR DOS 7.0 , descargamos o arquivo e executamos o DOSflopmaker.exe, que creará un disco de inicio para poder arrancalo PC.
Unha vez feito isto descargamos o novo firmware que vamos a instalar de aquí, descargaremos a versión que pon 2.15 Binaries and DOS Flasher. Descomprimimos o arquivo ZIP e copiamos a un disquete o arquivo executable (NEC2X00A.exe) e o firmware 2510RPC1.bin. Por último solo queda asegurarse de como está conectada a grabadora para poder flasheala posteriormente.
Iniciamos o PC co dico de inicio de DR-DOS. Unha vez iniciado metemos o segundo disquete co executable e o fimware. Segundo sexa o noso executaremos un comando cunhas opcións ou outras. Para o caso de ter conectada a gravadora no IDE primario e como master, executaremos:
NEC2X00A -pri -mas -flash 2510RPC1.BIN








