Gary McKinnon… hacker, cracker ??
Gary McKinnon é considerado como o maior hacker da historia. Accedeu a redes do exercito estadounidense e conseguiu información delicada, pero non confidencial
Este hacker deixou en evidencia (ou ridiculo…) as medidas de seguridade cas que contaba (non sei se conta agora mesmo cas mesmas…) as redes da NSA, o exército americano, etc. Conseguiu usuarios de persoal con acceso a información delicada e usou ditos usuarios para probar contrasinais en branco e contrasinais tipo americanas (de quen é a culpa entón).
O seu interés era coñecer se ocultaban información sobre OVNIS, pero foi detectado e acusado de acceder durante 2001 e 2002 a 90 ordenadores da NASA e o exército. A principios do verán pasado foi capturado por Scotland Yard, pola orden de extradición enviada polo goberno americano.
Pero non todos estaban de acordo ca extradición de Gary, polo que creouse en internet a web que pide a súa liberación e en tal caso de ter que cumplir algunha pena, que se cumpla nunha carcel británica e sexa xulgado por un tribunal británico.
Gary usou o programa RemotelyAnywhere e cometou o erro de rexistrarse na descarga ca conta de correo da súa moza. Este programa permite acceder a ordenadores remotos e obter o seu control. Gary deuse conta de que o detectaron no momento que o rato se movía so, momentos despois foi desconectado do ordenador que acababa de acceder.
Nunca tiña accedido ós ordenadores en horario no que puidese haber xente no traballando, pero a obsesión por descubrir información oculta sobre os OVNIS e mesmo pola actividade hacker, levaron a que fose máis descuidado e o acabaran descubrindo. Os investigadores seguiron a pista da conta de correo para dar con él.
Entrevista realizada o 05/05/2006 na BBC:







