60×1 de Vodafone… realidade ou ficción…

Pois eu penso que ficción.

Hoxe escoitei o anuncio de “Pregúntale a un cliente de Vodafone la sensación de hablar 60 minutos y pagar 1″. Pois que me pregunten a min, xa que, esa sensación non a tiven nunca; sempre se me corta antes… E non son o único na zona de Pontevedra Vodafone está saturada, ten demasiados terminais por antena, polo que podes observar cousas do tipo Cobertura total-Sen cobertura-Cobertura total-Sen Cobertura e todo iso nun radio de 100 metros.

Ademáis co temporal as chamadas complícanse… JEJE iso será porque Vodafone ten a rede moi redundada.. seguro que sí.. vamos.. en fin… a ver se me cambio dunha vez… sobre todo despois de que o Azul triunfa.. !Viva Alonso…! (Será que Schumi perdeu porque non tiña cobertura??).

Todas as marcas citadas son propiedade dos seus respectivos fabricantes, compalñías etc. (vamos a curarnos en saúde…)

Deixar un comentario