FIC Neo1973,un SmartPhone Open Source !!
Pois si xa existe e a súa tecnoloxía é completamente libre, calqueira vai poder engadir todo tipo de funcionalidades a este teléfono.
![]()
O encargado de dar á luz a esta maravillosa idea é OpenMoko.
Para empezar traerá incorporado MP3, GPS, pantalla táctil de 2,8″ e cunha resolución de 480×640 píxeles. Ademáis ten 128 MB de RAM, 64 ROM e a posibilidade de expansión USB. Queda por ver se ten tarxeta de memoria, etc. aínda que co tipo de aparato que é posiblemente se lle poida meter.
Incorpora o procesador Samsung S3C2410 ARM9.
Outro punto ó seu favor será que contará cun repositorio de aplicacións parecido o que usa actualmente a distribución Debian, no que calqueira usuario poderá descargar as aplicacións e compartir calqueira que realice para o teléfono.
Unha vez máis demóstrase que software libre é un negocio rentable, que tal sairá esta nova idea ??
Fonte:







