Vodafone… Nunca máis!! ¿Como de baixo poden caer?

Pois si, estou nun proceso de portabilidade (por fin..) a outra compañía que non vou a mencionar , xa que, non quero facer propaganda de nada nin nadie, simplemente quero expresar o meu descontento con Vodafone (que nalgúns aspectos parecenme timadores).

O ocurrido é o seguinte: onte vou a chamar ó número especial de Vodafone 101 (número para o duo de vodafone) e non podo. Supoñendo que era un problema pola portabilidade, falo ca outra persoa do duo e consultolle se pode chamar, tampouco pode. Dita persoa non recibiu todavía ningunha mensaxe de notificación. Chamo ó 123 e consulto o motivo de este erro, o que me din é o seguinte: “Exacto non pode chamar ó 101 porque o A2 foi dado de baixa por vostede (?????) no día de hoxe”. A min hinchouseme a vena, (esta que pasa pola parte dereita da cabeza.) e comecei a preguntarlle se constabe esa mensaxe, que eu non a enviara, que me parecía incrible, unha tomadura de pelo, que por iso me portaba, etc… E despois de falar cun frontón, indiqueille que me disexe a que hora se enviara esa mensaxe e se saia na listaxe.

Despois de 10 minutos escoitando a sintonía (xa a teño aburrida de tanto chamar…) contéstame que efectivamente esa mensaxe non foi enviada por min, foi enviada dende o meu teléfono ???????? Aquí quedo flipado… pero indícame que é pola portabilidade.. (vamos que me queren joder.. .xa que me vou, vanme joder..) Entonces, eu contesto.. vale pero eu sigo sendo cliente de vodafone, co que eu debo ter acceso a unha promoción que paguei, ó que ela contesta que non son cliente de vodafone (cada vez máis flipado ????????) Eu volvo a contestar (e comezamos de novo co frontón..), bueno se non son cliente non pagarei ningunha chamada que realice co meu teléfono… e ela contesta “Dende o momento en que vostede solicita a portabilidade vodafone pode ir desactivando os servicios paulatinamente (que ??????) , non llo indicaron na outra compañía ?”. Eu nese momento quedo todavía máis flipado (se se pode …), que carallo ten que ver a pregunta que eu lle fago co que ela me contesta ??? Nin idea, aínda que despois de estar bastante tempo preguntando o mesmo e ela respondendo o mesmo (a vena cada vez máis hinchada…) ela dime que non me altere… pero como cojones non quere que me altere se estou a falar cun muro ???? É alucinante o ven ensinadas que están….

O máis incrible de todo é que varias veces chamei a Vodafone para explicarlle os meus problemas e para indicarlles que se non me arranxaban o problema, eu non ía a facer a portabilidade, ó que sempre me responderon literalmente “haga usted lo que quiere”, ó que eu respondín facendo o que quixen.. e eles se baixaron os pantalóns ofrecéndome un 30% de desconto e o móbil que facía tres días me ofreceran a 79 euros por 0 euros!! :D é alucinante… Como non aceptei, dende que a portabilidade é real (o venres…) están tratando de joderme continuamente: baixa de servizos de aforro, peor trato todavía no servizo de atención ó cliente (ó que podo chamar dende o meu teléfono vodafone, pero según eles non son cliente ????) En fin .. dende o venres son un home máis feliz, xa que, me dicen que non son cliente de vodafone.

En fin , unha vez máis Vodafone non foi capaz de responder ás miñas consultas, sendo incapaz (non querendo responder…) a contestar cando vou a deixar de ter servizo con eles, ¿Creedes realmente que non o teñen totalmente programado ? :D

One Response to “Vodafone… Nunca máis!! ¿Como de baixo poden caer?”

  1. Piltrafilla said:

    Nov 28, 06 at 4:00 pm

    Pero como podes falar mal de Vodafone si ahora estás en Orange e córtanse as chamadas ??
    Eso que foi antes ou despois da portabilidade ??
    Estamos dispostos a oir as túas queixas sobre a nova compañía, porque as terás non ??

    and dolo_prietoes@yahoo.es


Deixar un comentario