Eles nunca perden… seguirán estafando o 25% como antes…e incluso máis
Pois si, esta semán quedou claro que as operadoras de telefonía non están dispostas a perder un duro. Como proba foron as subidas do establecimento e tarifas, algunhas delas totalmente inxustificadas, como a que realizará Movistar para a tarifa “Tu Tiempo”, tarifa que xa se estaba tarificando por segundos.
Unha vez máis, demóstrase que os usuarios estamos desamparados a cambios de contratos de forma unilateral. Como contrapartida proponse varias iniciativas: todos os clientes que teñan permanencia (os que non a teñan tamén pode facelo.. claro..) deben pasarse a outra compañía ou a prepago da mesma. Este cambio non pode ter coste (un que escribe vai a facelo, pasarase a prepago da mesma compañía),xa que, unha das partes modifica as condicións de forma unilateral, polo cal o contrato pode resolverse. Por outro lado existe unha iniciativa para non facer uso do móbil durante o 1 de Marzo como toque de atención.
Vodafone indica hoxe que non existe pacto entre compañías ( nos lo creemos por supuesto.. :D) , xa que, unha das súas tarifas, que xa estaba dentro da norma, non subirá nada, nin o establecimento de chamada. En fin, esperemos que agora o goberno actúe e lles impoña unha multa por este descaro.







