Ubuntun… firefon… non pode ser verdade.. Ramón García e Paz Padilla falando de Firefox, Ubuntu e virus..
Archive for November, 2007
Pois sí, parece que Bruce Dickinson é un fan da aviación e o grupo terá que estar moitas horas no aire. Qué mellor forma que pasalas pilotando un avión pintado de Iron Maiden ??
Aquí temos a unha estrela do rock ou piloto:

Foto: DagBladet
Continue reading ‘Iron Maiden 2008, preparado avión para xira!’
Pois si, hoxe descubrín a un fotógrafo creativo, dos que fan arte con elementos cotiáns.

[ rec ] ·
Facía tempo que non pasaba tanta tensión nunha película e sobre todo, dunha forma tan constante. Foi impresionante, a película comezaba cuns periodistas facendo unha reportaxe, parecía un pouco lenta e que nunca ía chegar a tensión… pero chegou! Nun momento do comezo da película sucede algo que cambia completamente o desenvolver da película. A partir de ahí a tensión é continua. Ás veces non berrar é imposible e apartar a vista da pantalla parece inevitable.
[ REC ] ·

Foto: Aullidos
Pois fai pouco que se presentou a Olympus E-3 en Estambul. Dita cámara parece ser unha clara aposta de Olympus por conquistar ó público profesional. É unha cámara na que a calidade do seu corpo é un punto destacable.

Foto: LetsGoDigital
A foto perfecta…
¿ Como faríades a vosa foto perfecta ? Pois aquí tedes un exemplo:

O como se fixo, na noticia extendida.
Matt Stuart é un fotógrafo que nos ofrece unha visión moi particular da vida, dándolle un toque de humor e moi particular. Aquí temos unha pequena mostra do que fai este excepcional fotógrafo:

Continue reading ‘Matt Stuart.. fotógrafo e mellor humorista’
Este é o cometido de web que me acaban de comentar. É unha web na que podemos buscar a música que queiramos e podremos escoitalo directamente na mesma web. Unha web ben deseñada e que funciona (aparentemente…) ben.
Web: www.songza.com
Pois sí, parece que cada día aparece máis información para tratar de acabar ca SGAE, unha organización con ánimo de lucro (eu diría, única e exclusivamente…). Parecía que a única intención da SGAE era protexer os dereitos dos autores, pero últimamente están saíndo á luz feitos que contradicen dita política, como poden ser as costumes de escoitar música no traballo: Paga por poñer as súas propias cancións ,Tarifas para grupos de teatro aficionado
A pouco que busquemos en Google teremos uns resultados sorprendentes, aínda que teremos que viaxar polas páxinas para atopalos, xa que, a SGAE está censurando os resultados en internet para evitar a imaxe de ladróns que aparentemente daba.
Máis información do evento: http://albir.atspace.org/jornades.html
Pois xa está dispoñible a nova versión do revelador RAW de Adobe Photoshop, o Camera Raw 4.3.
É un dos reveladores máis usados, pola facilidade no fluxo de traballo con Adobe Photoshop. Esta versión é a versión necesaria para o Photoshop CS3. Como novedade incluen o soporte de Canon EOS 1DS Mark III, Olympus E-3, Nikon D300 e a primeira Nikon “full frame” é a Nikon D3.








