África, exposición de Sebastiao Salgao
Na sede de compostela da Fundación Caixa Galicia, está a ofrecer unha exposición de Sebastiao Salgao.

O horario da sede é de 12:00 h - 14:00 e de 18:00 - 21:00 pola semán e sábados, domingos e festivos de 12:00 - 21:00 . A verdade é que merece a pena, aínda que moitas veces penso que os fotógrafos aproveitanse da desgracias alleas para conseguir un dramatismo extremo nas súas obras. A sede atópase na emblemática Rúa do Vilar de Compostela.
Esta exposición está encadrada dentro do programa PHOTOGALICIA 2007 , que leva a cabo Caixa Galicia xunto con PHOTOESPAÑA. Dentro do programa atopamos outras exposicións fotográficas e audiovisuais.
En Pontevedra temos a Alberto García-Alix do 19/09/2007 ó 06/01/2008 cunha exposición de tres videos. Atópase na Praza San Xosé, 3 e o horario é 18:00 - 21:00 pola semán, sábados e domingos 12:00 - 14:00 e 18:00 - 21:00. Os festivos permanece pechada.
Na sede de lugo temos a Sylvia Plachy ca exposición titulada “De esguello”. Estará dende o 25/09/2007 ó 06/01/2008 cun horario de luns a sábados de 12:00 - 14:00 e de 18:00 - 21:00, domingos de 12:00 - 14:00 e os festivos pechados. A sede está na Praza de Santa María.

En Ourense temos a Manuel Vázquez con “Inverso urbán” dende o 08/11/2007 ó 02/12/07. O horario é de 11:00 - 14:00 e 17:00 - 21:00 pola semán, sábados, domingos e festivos de 17:00 - 21:00.
Por último en A Coruña temos a Man Ray con “Despreocupado mais non indiferente” dende o 19/10/2007 ó 06/01/2008. O horario é de 12:00 - 14:00 e 18:00 - 21:00 pola semán, sábado , domingo e festivos de 12:00 - 21:00.









Herald said:
Nov 06, 08 at 3:59 amThe author uvazhuha! Here’s how to write blogs must! Everyone stands to learn, boys!