Archive for November 20th, 2007

20
Nov

Xornadas anti SGAE en Barcelona

Pois sí, parece que cada día aparece máis información para tratar de acabar ca SGAE, unha organización con ánimo de lucro (eu diría, única e exclusivamente…). Parecía que a única intención da SGAE era  protexer os dereitos dos autores, pero últimamente están saíndo á luz feitos que contradicen dita política, como poden ser as costumes de escoitar música no traballo: Paga por poñer as súas propias cancións ,Tarifas para grupos de teatro aficionado

A pouco que busquemos en Google  teremos uns resultados sorprendentes, aínda que teremos que viaxar polas páxinas para atopalos, xa que, a SGAE está censurando os resultados en internet para evitar a imaxe de ladróns que aparentemente daba.

Máis información do evento: http://albir.atspace.org/jornades.html

20
Nov

Camera Raw 4.3 para Windows e Mac

Pois xa está dispoñible a nova versión do revelador RAW de Adobe Photoshop, o Camera Raw 4.3.

É un dos reveladores máis usados, pola facilidade no fluxo de traballo con Adobe Photoshop. Esta versión é a versión necesaria para o Photoshop CS3. Como novedade incluen o soporte de Canon EOS 1DS Mark III, Olympus E-3, Nikon D300 e a primeira Nikon “full frame” é a Nikon D3.