Olympus E-3, menuda cámara…

Pois fai pouco que se presentou a Olympus E-3 en Estambul. Dita cámara parece ser unha clara aposta de Olympus por conquistar ó público profesional. É unha cámara na que a calidade do seu corpo é un punto destacable.

Olympus E-3

Foto: LetsGoDigital

Outras das características a destacar son o estabilizador de imaxe incluido no corpo, o sistema de limpeza do sensor (que xa era bo e que agora é mellor todavía), previsualizado en pantalla, sistema de autoenfoque ultra-rápido. Ten todo para ser unha boa alternativa para o mercado profesional. Quizá peca de lentes, que aínda de moita calidade, non parece ter unha cantidade de lentes que permita que a cámara sexa completamente versátil.

Máis info oficial en: Olympus

Podemos ver a cámara en funcionamento nos videos de presentación. Neles faise presente sobre todo, a capacidade que ten a cámara de seguir intacta logo de recibir unha ducha.

Vídeo de Quesabesde

Teremos que esperar a reacción real dos usuarios, será tan boa como dicen ??

Máis info:

Deixar un comentario