27
Nov
07

[ rec ] ·

Facía tempo que non pasaba tanta tensión nunha película e sobre todo, dunha forma tan constante. Foi impresionante, a película comezaba cuns periodistas facendo unha reportaxe, parecía un pouco lenta e que nunca ía chegar a tensión… pero chegou! Nun momento do comezo da película sucede algo que cambia completamente o desenvolver da película. A partir de ahí a tensión é continua. Ás veces non berrar é imposible e apartar a vista da pantalla parece inevitable.

 

 

[ REC ] ·

 

REC

Foto: Aullidos

A película está gravada cunha soa cámara. Ás veces parece que o personaxe que escapa ou que se achega somos nós mesmos. Nalgúns intres da película parece que non somos capaces de ver nada, non entendemos algunhas imaxes, pero por outra lado parece que é mellor así para evitar esa continua tensión. So hai un momento da película no que podemos relaxarnos. Parece que nese momento, o equipo de rodaxe e actores necesitaban un parón para relaxarse…

Trailer:

Para que a gravación tivese credibilidade, Jaume Balagueró, fixo que os actores tomasen contacto cos personaxes que ían a representar. Familiarizáronse cos personaxes para poder reaccionar ante os sucesos da rodaxe. Os actores non tiñan nin idea do que ía a acontecer, era todo prácticamente sen guión. Os actores foron escollidos pola súa capacidade para improvisar. Tamén era indispensable que fosen descoñecidos, aínda que a protagonista é Manuela Velasco, presentadora e actriz.

Manuela Velasco

O guión foi elaborado por Jaume Balagueró e Paco Plaza. Na parte final, e xa no edificio, Luiso Berdejo axudou a rematar o guión, no que se incluiron algunhas das cousas que se atopaban no edificio (como o taller textil). Para a rodaxe non se fixeron grandes cambios no edificio para facer os decorados da película, so se fixo por completo o ático onde remata a película e outro dos pisos. Este guión do que falábamos, mantíveso en segredo incluso para o propio equipo que ía a rodar e actuar na película.

O principal co que se atopou o equipo foi que a película se entendese, que se narrase cunha soa cámara. Non existían outras cámaras para poder montar as esceas da película. A persoa responsable de que os planos gravados fixesen entender a película foi o operador de cámara Pablo Rosso, o cal fixo de ollos do espectador para poder comprender a historia. Os planos cortábanse según necesitasen parar, perdían sinal, cinta, etc. O fina, que non contarei.. xurdíu durante a rodaxe, igual que outras moitas cousas. Unha obra de improvisación. Foi estreada o 23 de Novembro.

Para min foi unha historia impactante, contada dunha forma impactante.

Máis info:

 

 

 

 


0 Responses to “[ rec ] ·”


  1. No Comments

Leave a Reply