29
Nov
07

Iron Maiden 2008, preparado avión para xira!

Pois sí, parece que Bruce Dickinson é un fan da aviación e o grupo terá que estar moitas horas no aire. Qué mellor forma que pasalas pilotando un avión pintado de Iron Maiden ??

Aquí temos a unha estrela do rock ou piloto:

Bruce Dickinson

Foto: DagBladet

Usarán un Boeing 757 para desplazarse durante a xira, que os levará por diversos paises como: India, México, Xapón, Estados Unidos, Italia, Inglaterra. Polo momento non están todas as datas confirmadas e ningunha delas inclúe unha parada polo noso país nin o veciño. Neste avión viaxarán o grupo, o resto do equipo e 12 toneladas de equipo. Con este medio de transporte axilizarán os desplazamentos.

Bruce Dickinson é , ademáis de vocalista de Iron Maiden, capitán de Astraeus Airlines. Estivo facendo voos para dita compañía e agora un dos seus avións será acondicionado e adornado co mítico Eddie. Non se descarta que algún voo comercial xa se faga co avión xa adornado.

O tour de Iron Maiden 2008 leva por nome “Somewhere Back in Time”. Polo momento serán 45 días , 21 cidades de 10 paises. Bruce Dickinson xuntará a música coa súa outra paixón, a aviación.

Máis Info:


0 Responses to “Iron Maiden 2008, preparado avión para xira!”


  1. No Comments

Leave a Reply