Olympus FE-230 vs Fujifilm A500

Pois estes días estábamos buscando unha cámara compacta, lixeira e pequena para un amigo. Resulta que o que él busca sobre todo é que a cámara sexa fina, para poder levar a todos lados no bolsillo.

Eu pensando decido recomendarlle unha cámara Fujifilm (marca da que eu son fan, aínda que agora teño unha Nikon D50) , xa que, creo que son as mellores cámaras que  fan un procesado da fotografía incrible. Ó final, como o rapaz non queda moi convencido de Fujifilm e gústalle a Olympus FE-230 , decide collela e tráema para que a probe. Eu decido sometela a examen contra unha Fujifilm A500 de hai ano e medio.

Para empezar a Olympus FE-230 e a Fujifilm A500 son cámaras moi dispares, pero son as dúas que tiña para comparar. Por outra banda está  a Nikon D50, que non uso para comparar, pero si uso para ver como procesa a D50 os JPEG e para ver a boa calidade que debería ter toda foto (calqueira reflex serviría para este cometido).

1. Empezaremos describindo ás dúas máquinas en cuestión.

A Olympus FE-230 é unha cámara  compacta, lixeira, dun diseño bastante agradable e cun CCD de moita calidade (supostamente…). Ten un sensor de 7,1 MP, zoom óptico 3x (equivalente a 38-114 mm en 35 mm), LCD de 2,5″,sensibilidade ISO alta ata 1250.

A Fujifilm A500 é unha cámara antigua e supostamente anticuada, pero demostrou que pode dar guerra a moitos modelos dos novos. Esta cámara ten un sensor máis pequeno de 5,1 MP, zoom óptico de 3x,LCD de 1,8″ e unha sensibilidade ISO que so chega ata 400.

2. As probas.

Para realizar as probas usei o modo completamente automático nas dúas, para ver como se comportarán no tipo de usuario que as vai a comprar. As persoas que buscan este tipo de cámara, buscan un aparato sinxelo e que de vos resultados. Non se van a complicar en configuracións, como moita poderían usar os modos predefinidos dos que dispón a Olympus FE-230.

As fotos están sacadas a maior resolución posible nas dúas cámaras, modo automático e en condicións non favorables, pero tampouco as peores condicións. É decir, en interiores con luz exterior moi baixa e cunha luz alóxena normal dunha habitación.

3. Resultados

Os resultados son os seguintes:

Como podemos apreciar na imaxe, a imaxe da dereita ten maior detalle pero menos calidade, como por outra banda cabía esperar polo menor número de píxeles. Ademáis, a imaxe da dereita está máis ampliada. Na imaxe da esquerda vemos o borroso que queda todo. Agora vexamos a imaxe real reducida a un tamaño de 600×450 (tamaño para permitir navegabilidade):

 

Olympus FE-230

 

Fujifilm A500

Pulsando en cada foto podemos acceder ás fotos reais de cada cámara, que rondan de 2,5 MB a 4 MB cada unha.

Como podemos observar nas fotos de exemplo, a Fuji proporciona unha imaxe con máis color e contraste que a Olympus, ademáis de proporcionar unha imaxe máis nitida que a que nos proporciona a FE-230. Pola contra, a falta de MP na Fuji, fai que o ampliar a imaxe, esta perda detalle moi pronto. Outro defecto que ten a Fuji é que non grava o son nos videos.

Tamén podemos observar que o ruido é moito maior na Olympus que na Fuji, sobre todo nas cores oscuras, xa que, a cámara acusa moito a falta de luz. Por este motivo decido non recomendar esta cámara, xa que, o seu cometido principal será inmortalizar os momentos de farra de noite dun grupo de amigos mentras toman unhas copas nos locais. Estas situacións serían situacións moito máis complicadas que a que usamos para comprobar a calidade da cámara, polo que non creo que a cámara puidese afrontalas dun xeito satisfactorio.

4. Punto forte da Fujifilm

O punto máis forte das cámaras Fujifilm é o SuperCCD HR, un sensor que cambia a súa forma de rectángula a octógono. Outro tipo de sensor de Fujifilm é SR, co cal se consigue aumentar o rango dinámico da cámara.

Por outro lado, é necesario destacar o tratamento que Fujifilm realiza ós ficheiros da fotografía, ofrecendo un JPG final dunha alta calidade. Este tipo de procesado, pode ser demasiado profundo para un profesional ou usuario avanzado de fotografía, pero completamente necesario para un usuario que so quere ter un recordo dos seus momentos. Por outra banda, hai que destacar que moitos dos fotógrafos de bodas, bautizos e comunións (BBC) usan e recomendan as reflex (S3 Pro ou S5 Pro) de Fujifilm.

5. Conclusión

Unha mellor opción puidera ser a Fujifilm A800 de 8,3 MP ou se todavía queremos unha cámara extraplana, gustaríame probar a Fujifilm Z10fd. ¿Alguén tivo o placer?

 

 

Deixar un comentario