“Que le den por culo al Karma!” Vota ceibe!
Últimamente estoume aficionando ás redes sociais (ou anti-sociais según se vexa) como menéame ou chuza!. Estas redes, en principio, levan a democracia á súa máxima expresión. O certo é que ó pouco de comezar empecei a entender que é o Karma, que non é máis que a diferencia entre clases, pero que se modifica gracias ós votos dos demáis compoñentes da rede.
Por outra banda, isto provoca que non todos teñamos o mesmo “status” dentro da rede, que ó meu parecer, pode estar mal, pero sirve para que os propios usuarios elixan quen pode ou non editar novas, borralas, etc. Esta “selección natural” eu entendoa correcta, pero non me gustan as clases.
Logo aparecen os grupos, redes de amigos que se apoian, votanse entre sí, usuarios carismáticos, etc. Este feito é o mesmo que aparece na vida real, e por tanto é lóxico que apareza en Internet, xa que, é un “fiel” reflexo da vida mesma.
O que non me gusta nada das redes sociais, é o que ocurre por culpa do Karma. Os usuarios tende a votar só as novas que consideran que lle van a aportar máis Karma, de ahí que o software de meneame (o mesmo que utiliza chuza!) teña proteccións para estes individuos, como votar moi rápido as novas (se isto ocorre é que estás a votar as novas sen lelas). Logo os temas dos que se falan son moi repetitivos, por poñer un exemplo, podemos supoñer que as novas que van a portada son as que falan en contra da SGAE, en contra de Microsoft (ou teñen relación con Microsoft), a favor das mulleres, etc. Só con ver as novas que sempre saen en portada durante uns días podemos facernos á idea. Como exemplo, podemos ver a nova que foi a portada sen sentido http://meneame.net/story/ramoncin-hormiguero-desverguenza-grado-sumo esta nova sobre Ramoncín e SGAE (que eu estou en contra..
) non tiña sentido que salise en portada, era un simple post nun foro da cadea de TV “cuatro”, que tiña dúas respostas cando foi a portada, era un simple comentario, ¿isto merecía estar en portada ? Simplemente foi a portada porque a xente sabía que ía a aumentar o seu Karma. Este é o motivo do título do post. Votemos as novas que nos consideremos oportunas e deixemos de pensar no Karma, “Que le den por culo al Karma!”.
Por outro lado, so queda desfacerme en eloxios a un dos meus ídolos de Internet, Ricardo Galli, unha das persoas cas que coincido na súa forma de pensar con respecto ó software ceibe! (Open Source) e á vida en xeral. Para quen non o saiba, Ricardo é o creador do software de menéame e que usan chuza!, la tafanera, KDE hispano e seguro que moitos outros que descoñezo. Paréceme que a súa contribución á comunidade é grandiosa. Dende aquí graziñas!.









meneame.net said:
Xan 10, 08 at 10:37 amQue le den por culo al karma!…
El motivo de por qué las noticias salen en portada y como las pesonas aprende a ir para arriba, igual que en la vida real. A por el objetivo final de ser mejor que los demás!…
Nemigo said:
Xan 10, 08 at 11:44 amola,
se nos centramos no karma dicir que nun principio o karma era a “folganería” do web(on) master. Na www o fracaso soi (e é total) na relación web(on) master, mods, usuarios. Ise trío NON funcionou. A web 2.0 foi unha análise aportanto a solución que se da na sociedade mercantilista entre productor e clientes -> suprimier ao intermediario
fora os mods
Na web 2.0 foi o karma que debería facer a selección “natural” O gallí o xustificaba así. Non habia editores que o fagan os usuarios co seu karma. O problema foi cando ises “editores” non foron quen de manter ise karma. De ahí pasouse á “publicación manual” e demáis pallas mentais.
A web 2.0 NON é democrática nen participativa. Cada día é máis elitista. Os usuarios non coñecidos nen habituais teñen menos posibilidades de chegar a portada
Ulicem said:
Xan 10, 08 at 12:23 pmNemigo: ♫♪a mal fodedor até os pêlos o molestam… ♫
Xosé said:
Xan 10, 08 at 12:46 pmTes toda a razón, pero non vou decir nada non sexa que me consideren antisocial o mellor dito que me voten en negativo.
Modesto said:
Xan 10, 08 at 2:14 pmKarmawhores suck
Kandpalleiro said:
Xan 10, 08 at 5:07 pmÉ unha opinión. Que calquer grupo humano se acaban formando redes de afinidades é o mais normal e que hai xente nesas redes que acaba xustificando calquer cousa ‘polo grupo’ tamén mais o sistema karma tamén abre a porta a que outras persoas podan manifesta-la súa opinión. Non concordo totalmente con nemigo porque eu ainda de cando en vez chego á portada…
Nemigo said:
Xan 10, 08 at 5:32 pmhttp://chuza.org/user.php?login=Kandpalleiro
e que ti non es un usuario “esporádico”
Un usuario que se rexistra e manda unha nova ou dúas cada mes. Ises a menos que foses snob (20 enviasas, 20 publicadas) non tes moitas posibilidades
É un feito que máis da metade das novas as envía unha presa de usuarios (en menéame(la) menos de 100) e en chuza -> http://chuza.org/topusers.php?sortby=3
Adrián Chapela said:
Xan 10, 08 at 5:52 pmHola, gustaríame que isto non se convertíse nun ataque persoal entre usuarios. Prefiriría que non se poñan exemplos demasiado concretos.
tone said:
Mar 17, 08 at 10:54 pmVouche deixar este link que creo que demostra o que se coce en Meneame, penso que despois de galegoman e ti non vou tardar moito en fuxir.
http://meneame.net/story/hombre-dummy
Con que te fixes nos votos negativos, o tempo entre voto e voto e sobretodo de quen veñen esos votos decataraste que os propios administradores son os que se defenden,votan entre eles e atacan os usuarios que son un perigo para eles por ter opinions propias e “ousar” levarlles a contraria
tone said:
Mar 17, 08 at 10:58 pmhttp://meneame.net/story/chuck-norris-cumple-68-anos
Isto chegou a portada
Adrián Chapela said:
Mar 18, 08 at 12:48 amNon sei, acusar ós administradores. Eu admiro moito a un dos creadores, Ricardo Galli. Él saiu ó paso de que menéame era usado por xente do PSOE para promocionarse. Isto quedou demostrado que sí e él mesmo estivo a investigar este tema e eliminaron usuarios, hai moito troll…
Por outra banda, creo (como digo arriba…) que son grupos de usuarios os que descartan novas, etc. Ademáis de que usan menéame para promocionar o que lles interesa. Menéame sabe que o seu sistema é completamente antidemocrático, pero non saben (ou non queren…) outro sistema mellor.
Non tes porque fuxir, podes usalo igualmente e seguir enviando as novas. Eu sigo por alí, aínda que me parece incrible o que vexo, se realmente interesa o que o 90% vai a portada… donde coño vivimos ?? En qué pensa a xente ??