Como facer un backup do MBR e da táboa de particións
Xa que estou cunhas cantas forzas e como últimamente ando a voltas con estes temas de seguido, vamos a ver como facer un backup do MBR (Master Boot Record) e da táboa de particións. É necesario coñecer a utilidade de Linux “dd“.
Xe non os coñeces ou non os queres coñecer, este artigo volve a non ser interesante para ti ;).
Algo importante é saber canto mide o MBR, con este dato poderemos entender moito mellor os comandos que vamos a expoñer posteriormente. O MBR mide 512 bytes. No enlace da Wikipedia podemos ver unha táboa descriptiva de que contén cada parte do mesmo.
Vamos a facer o backup, xa que sen él non poderemos recuperar nada, ;):
# dd if=/dev/sdX of=backup-mbr.bin bs=512 count=1
/dev/sdX -> dispositivo físico, no caso de que fose o primeiro disco SATA sería /dev/sda, se fose IDE sería /dev/hda e se fose un RAID dunha controladora SmartArray de HP sería /dev/cciss/c0d0 (para o primeiro RAID).
Para recuperar logo a táboa de particións:
# dd if= backup-mbr.bin of=/dev/sdX bs=1 count=64 skip=446 seek=446
Temos que ter en conta que posiblemente se a xeometría do disco é diferente ou se o tamaño é menor non funcionaráa recuperación correctamente.
Antes de facer calqueira locura, procurade probalo antes nalgún sistema non crítico (xa non digo que non sexa producción
, so que non sexa crítico..
)







