Copia recursiva dun directorio a un servidor FTP

Vamos a ver un modo sinxelo para facer unha copia de todos os ficheiros e subdirectorios dun directorio a un servidor FTP. Isto pode servir para facer un backup a disco dun directorio dun modo sinxelo e sobre todo a baixo coste.

A utilidade que usamos é ncftpput.

O comando:

ncftpput -R -u usuario -p contrasinal ip_servidor directorio_remoto ficheiros_a_copiar

Ca opción “-R” indicamos que o copiado sexa recursivo. As outras opcións creo que quedan bastante claras, pero sempre podemos facer:

man ncftpput

Deixar un comentario