Resetear un dispositivo de man Blackberry
Ás veces necesitamos volver a comezar cun dispositivo de man (Blackberry, PDA, teléfono móbil, etc) despois de que andivesemos a argallar nel. Hoxe vamos ver como facelo nunha Blackberry
Ordes que hai que pulsar:
- Pulsamos o botón menú. É o botón que ten moitos puntos.L
- Logo seleccionamos “Opciones“, que é a chave inglesa. Para pulsar usamos o trackball.
- Logo baixamos co trackball ata a opción “Opciones de Seguridad“. Pulsamos nela.
- Na nova listaxe de opcións pulsamos en “Configuración general“.
- Nesta nova pantalla pulsamos o botón de menú para que nos apareza unha listaxe de opcións.
- Nesta listaxe seleccionamos e pulsamos “Borrar dispositivo de bolsillo“.
- Agora aparece a pantalla de confirmación que nos pide que escribamos a palabra “blackberry”.
- A partir de aquí estanse a borrar os datos e aparece unha pantalla que pon “wiping“.
- Por último xa temos a blackberry para volver a empezar. Hai que ter en conta que se necesitamos volver a configurar o servizo de correo, etc, debemos asegurarnos que temos todos os datos necesarios, se non poderemos quedarnos sen correo e internet ata que os configuremos na blackberry.







