Ó final non houbo debate

O día de hoxe foi calificad coma histórico. Despois de 15 anos, existía a posibilidade de que os representantes das dúas forzas políticas máis votadas de españa, fixeran un debate.

Como non podía ser menos o PP non estaba dacordo nisto, pero a presión social (á que tanto presta atención durante os intres anteriores a unha elección esta forza política…) era tal que tiveron que aceptar, non sen antes poñer miles e miles de condicións.

Por suposto, e supoño que falo por todos, a estas alturas non sei quen era realmente o que poñía todos os problemas. Ningún dos dous (en xeral calqueira político inspírame a mesma confianza…) me da confianza. Ningún dos dous fala claro e nunca sei cal é o que está a mentir (certamente creo que teño unha lixeira idea, pero creo que o outro tampouco di toda a verdade.).

Eu hoxe, tiña toda a ilusión de ver un debate. Realmente tiña ganas de ver un debate, un enfrontamento de ideas para ver quen ten as mellores, quen as defende e quen queda en evidencia.  Ó final non puiden ter nada disto, o que vin foron diferentes discursos que cada un deles vai facendo sen importar nin os argumentos do adversario nin as preguntas que lle fai o seu contrario.

Ningún dos dous prestou atención ós problemas reais, e volvemos a falar de ETA, inmigración, etc simplemente para ganar votos, buscar a descalificación e sen aportar absolutamente nada. Ningún dos dous asume os seus erros, nin as consecuencias das súas decisións. Eu como xoven, traballador non sinto que estén tratando de facer nada para solucionar os nosos problemos. Non fan nada ca vivenda, non fan nada cos aumentos salariais, non fan nada para evitar contratos basura, non fan nada para evitar abusos nas xornadas laborais, non fan nada… porque non lles interesa. A maioría dos que están ahí arriba teñen empresas e canto menos repartan máis se quedarán eles. So se dedican a comprar o voto e a facer propostas absurdas, que na maioría dos casos son imposibles de cumplir (2 millóns de árbores por exemplo). Nunca explican as propostas (400 € euros que nos devolverán…) e sempre dan os números según lles convén e por qué fan todo isto ?? Porque o ÚNICO que lles interesa e gañar as eleccións. Non teñen ningún outro proposito que non sexa gañar as eleccións. Os idearios, “as ganas de traballar polo pobo” son frases que quedan ben  e  cas que van a gañar algún voto , pero son ditas sen convencimento ningún.

Mañán veremos como se fan valoracións de quen é o gañador, en qué ??? pregúntome… Eu non vexo unha competición, e menos nun debate, no que cada un (todo isto suponse…) vai a defender unhas ideas e as expoñer ideas e solucións. Veremos tamén, como a maioría da xente de esquerdas falará do voto útil, do tema de ir a votar… en fin.. así estamos e seguiremos, mentras a clase política non cambie e pense na xente á que están enganando.

Pregúntome, cantos dos políticos serían capaces de firmar un contrato comprometendo o seu programa electoral ?? Cantos asumirían responsabilidades despois de facer algo e escoitarse decindo o contrario ???

Ese sería un bo comezo.

Deixar un comentario