Eurovisión, tongo e ridículo espantoso

Dous días depois de que Antonio González “El Gato” gañase a votación de Eurovisión, sigue coleando o cheirume a tongo. As contas non cadran ni por asomo.

Para empezar temos a foto do ridículo:

Tongo en eurovisión

Vía: media-vida.net 

Cal é o motivo para que despois de que alguén “recontase” os votos o nome do Gato dese problemas de codificación ? Quizais foi editado a man por algún dos “becarios” sen facer ningún axuste da votación no que a codificación non se vise afectada ?

Por outro lado como pode ser que O GATO quedase en 9740 votos, si despois de varias eliminacións de votos fraudulentos os votos validados pola organización eran máis de 20000 ? Neste enlace: http://blog.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog.ListAll&friendID=319499952 podemos ver todos os comunicados que foi facendo a organización en canto ó axuste de votos se refire.  Eurovisión eliminou os votos fraudulentos anteriormente e tiña máis votos validos según a organización, que os votos que finalmente quedaron. A verdade é que normalmente o ridículo de este concurso é grande, pero este ano é espantoso.

Imaxinarvos por un momento que o GATO vai a eurovisión, os paises que teñen os votos pactadas con españa, terán que votar por él, podríamos crear un conflicto internacional e claro iso non é posible.

Existen medios de comunicación que sacaron unha carta enviada a varios periódicos, indicando o que pasou exactamente cas votacións: http://www.laregion.es/noticia/48336/eurovision/2008/elgato/mediavida/ . Este PDF reproducímolo integro aquí: PDF.

Este ano o lema “Salvemos Eurovisión” indicaba que eurovisión está de “capa caída” e demóstrase que non é un proceso limpo. ¿Para qué fan participe á xente cando van a facer o queiran logo? Gardáronse un AS na manga cos 5 elexidos por un comité de expertos, non lles chegaba ? Como reflexión, quen irá nese comité de expertos, Ramoncín …

Por certo, La Casa Azul non é considerada  friki… alguén o entende ??

Máis info:

Deixar un comentario