De un tempo para aquí temos un abanico de posibilidades moi amplio. Parece que os usuarios medios/avanzados de cámaras reflex dixitais están a aumentar e isto refléxase nas iniciativas de blogs de fotografía.
Un dos primeiros en ofrecer un blog dedicado á fotografía foi Xataka. Esta web dedícase ás últimas tecnoloxías e abriu dos blogs dedicados á telefonía e á fotografía.
De Xataka Foto destacamos o curso de fotografía dixital, no que se aprenden cousas básicas e outras non tan básicas. É un bo inicio para comezar ca fotografía dixital.
Outro blog interesante de fotografía e Foto36. Recoñezo que son un asiduo visitante de este blog, sobre todo por ser “fan” de un dos seus principales impulsores Sergio de la Torre , fotógrafo de Valladolid e asiduo “forero” de Ojo Digital. Gustame o seu traballo. Un exemplo pode ser Valladolid Pasión que é unha recopilación de fotos da semana santa de Valladolid e que comparte con José Antonio López Hueto.
Foto36 é un blog de contido propio e que conta con varios editores que aportan contido ó mesmo.
Hoxe descrubrín un novo blog de fotografía que se estreou onte (28/febreiro/2008). É un blog de impulsado polo archiconocido Microsiervos, que é unha iniciativa galega, polo que podemos considerar que é un blog galego
. De este non podemos decir nada polo momento, leva un día!
Seguindo con outros blogs, outro dos que máis leo e máis me gustan é Caborian. É unha asociación de fotografía e a web conta con foros tamén. Os foros están repletos de boas fotografías e consellos, existe unha enorme calidade nos traballos mostrados.
Por último vou a facer mención á comunidade de fotógrafos da natureza Fotonatura.org. Esta comunidade ten un blog, galería, foros. O blog a verdade é que está bastante parado, pero o foro está sempre en evolución.
Pois creo que polo momento xa tedes para empezar. Ocórresevos algún máis ??
To-Do: Para outro día queda facer unha recopilación de foros.
del.icio.us
Digg
Technorati
Barrapunto
Meneame
Chuza






0 Responses to “Blogs de fotografía”
Leave a Reply