* Estás vendo o arquivo mensual de Abril, 2008

Problema 3G Simyo

Parece que o 3G de Simyo non funciona correctamente. Si conecto con 2G os paquetes son enrutados correctamente, pero si conecto con 3G parece que se conecta pero non se enruta nada. Empezo a pensar mal, e despois de ver o que pasou con Yoigo, parece que Simyo leva o mesmo camiño.

¿ Será un problema real ? ¿Unha artimaña para conseguir menos tráfico ante Orange ? ¿ Orange cortaría o grifo a Simyo ?

Na época na que estamos calqueira das tres podría ser válida. Xa existe unha incidencia aberta por varios usuarios,  en canto tempo solucionarán a incidencia ? Haberá que esperar…

Oferta de empleo, Programador dispositivos móbiles

Pois para aqueles que estén a buscar traballo, aquí tedes unha oferta de curro en Pontevedra de Programador de dispositivos móbiles.

Oferta Aquí

Animádevos que pode ser interesante!

Canon 5D MK II ?¿ Rumor ? Fallo ? Marketing Viral ?

Unha vez máis sae á luz un fallo, rumor ou un fake, que pronto descubriremos se é real:

Actualmente no enlace non aparece listado o modelo. Según se comenta, hoxe (22/04/2008) sería o día da súa presentación, pero polo momento non se sabe nada (aínda é cedo…). Aquí comentan que hoxe sería o día de presentación. Veremos o que acontece durante o día de hoxe! Será esta … a Canon 7D ??

Máis info:

É real ? Thomas P. Peschak o explica

O autor de esta fotografía é Thomas P. Peschak e explica todo na súa páxina web, en donde se pode mercar un poster con esta magnífica fotografía:

É impresionante a investigación que levaron a cabo e as fotografías que puideron tomar este grupo de intrépidos investigadores!

Aquí tedes a explicación:

Controlando Swap en Linux, swappiness

Por norma xeral facer swap en Linux provoca unha caida do rendimento brutal (na maioría dos casos), pero por outro lado necesitamos que o swap exista e que se use no momento no que a memoria do sistema se agote.

Para configurar isto dunha maneira optima temos a variable: /proc/sys/vm/swappiness. Por defecto esta variable ten un valor de 60, e pode tomar valores de 0 a 100.

Explicamos estes valores: canto máis alto sexa este valor, máis preferencia terá o Swap sobre a memoria do sistema. Según as miñas probas se o valor é 60, indica que o se a memoria libre do sistema é menor que o 60% tenderase a usar o swap.

Recoméndase tratar de evitar o uso do swap sempre que sexa posible, xa que, a memoria do sistema é máis rápida que o acceso a disco. Por outro lado, nun portátil deberase evitar o acceso a disco o máximo posible para optimizar a duración da batería. Para iso podemos usar un valor menor que 20, para que o uso do swap sexa o menor posible.

Para facer que este valor perdure nos reinicios deberemos configuralo no ficheiro de configuración: /etc/sysctl.conf. A liña a engadir:

vm.swappiness=10 # O número é o que deberedes variar ata conseguir o voso valor óptimo.

Para liberar o swap:

swapoff particion_swap
swapon particion_swap

É seguro, pero lento, pero é recomendable facer probas nun sistema que non sexa de producción.

Novos firmware de Canon 40D e de Nikon D40

É curioso pero Nikon e Canon parece que se puxeron de acordo para sacar as súas novas versións o día nove abril.

Firmware Canon 40D 1.0.8:

  • Arranxouse un fallo que provocaba un ruido ó presionar determinados botóns ó usar un obxetivo estabilizado de Canon.
  • Solventouse un problema de visionado das imaxes no LCD da cámara. Algunhas imaxes aparecían con bordes raros.
  • Mellorouse a traducción ó Castelán e Noruego dos menús.

Firmware Nikon D40 versión 1.11:

  • Este firmware corrixe imprecisións nos tempos de grabacións de imaxes cando se usa o modo ráfaga.

Descargas:

Aumenta a velocidade dunha compacta canon ata 1/60000

Existe un firmware para compactas Canon con chip Digic II e Digi III que fai que unha cámara compacta sexa capaz de sacar fotos a velocidades de vértigo. Aquí podemos ver un exemplo do que pode facer unha compacta a tal velocidade:

Continuar Lendo »

Viaxe por USA

Dende fai uns días uns amigos están en USA, país do ketchup, NBA e da guerra! Un deles está a facer un flickr diario, a ver se continua:

Maís info:

Códigos promocionales Simyo

Pois teño varios códigos promocionales. Algúns xa os regalei, pero todavía me quedan dous.

Para velos so tes que abrir a entrada do blog e así terás os códigos. Gustaríame que cando sexan usados poñades un comentario para que quede constancia ós demáis interesados.

Continuar Lendo »

Extensión Firefox para leer EXIF

Pois levaba tempo querendo instalar unha extensión de este tipo. Esta é sinxela, funciona en Mac OSX, Windows e Linux. É sinxela de instalar, so hai que pulsar: FxIF.

O funcionamento é sinxelo, unha vez está instalado so temos que pulsar co botón dereito sobre a foto e seleccionar “Propiedades”. Agora na pantalla de propiedades xa sae a información Exif.

Máis info: