Novos firmware de Canon 40D e de Nikon D40
É curioso pero Nikon e Canon parece que se puxeron de acordo para sacar as súas novas versións o día nove abril.
Firmware Canon 40D 1.0.8:
- Arranxouse un fallo que provocaba un ruido ó presionar determinados botóns ó usar un obxetivo estabilizado de Canon.
- Solventouse un problema de visionado das imaxes no LCD da cámara. Algunhas imaxes aparecían con bordes raros.
- Mellorouse a traducción ó Castelán e Noruego dos menús.
Firmware Nikon D40 versión 1.11:
- Este firmware corrixe imprecisións nos tempos de grabacións de imaxes cando se usa o modo ráfaga.
Descargas:
- Canon 40D 1.0.8
- Nikon D40 1.11: MAC / WIN







