Archive for May, 2008

20
May

Recuperar Grub bootloader

Todos tivemos problemas algunha vez co noso grub. Normalmente é sinxelo recuperalo, pero últimamente cos discos SATA xurde algún que outro problema.

Método que eu usaba ata o momento:

  • Arrancamos o sistema con un disco arrancable alternativo (USB, cdrom, etc.)
  • Poñémonos como root (sudo su, su, etc..)
  • Montamos a partición do sistema que queremos recuperar o arranque (mount /dev/sda1 /mnt/sistema)
  • Facemos a partición a raíz do sistema (chroot /mnt/sistema)
  • Por último executamos grub-install /dev/sda ou grub-install hd0, ou o disco no que se atope a partición de sistema.

O método que me resultou, despois de que me fallara o anterior:

  • Arrancamos o sistema con un disco arrancable alternativo (USB, cdrom, etc.)
  • Poñémonos como root (sudo su, su, etc..)
  • Accedemos ó grub, co comando grub
  • Logo aparecerá unha shell cun prompt grub> . Ahí executaremos:
  • find /boot/grub/stage1
    Este comando proporcionará a información da partición que contén o sistema, como exemple (hd0,1)
  • grub>root (hd0,1)
  • grub>setup (hd0)
  • E por último saímos do grub, grub>quit

Logo de usar calqueira dos dous métodos (sempre que algún deles funcione) reiniciamos e xa temos o grub funcionando de novo.

13
May

Referencia rápida de VIM

Para o que queira reirse un rato:

Para o que queira ir directamente ó grano, aquí tedes unha carta de referencia rápida do meu editor favorito!! O “VI Improved”:

Carta de Referencia Rápida en castelán: PDF

É para imprimir e plegar en tres, coma se fose un tríptico.

Máis info:

13
May

Equipo fotográfico roubado

Según leo en Fotomaf, roubaronlle o equipo fotográfico a un reporteiro gráfico de 20minutos.

Según indica no seu blog o que lle roubaron é o seguinte:

Resultado: Mark II (4200 euros) con número de serie 220182; objetivo Canon 17-40 mm (700 euros) con número de serie 181302; objetivo Canon 70-200 mm IS L USM (1800 euros) con número de serie 255665; objetivo Canon 50 mm 1.4 (350 euros) con número de serie 88000983; flash Canon 580 EX (500 euros) con número de serie 220998; 8 tarjetas de memoria, dos pendrive, lector de tarjetas, modem usb de vodafone, agendas de contactos … y un disgusto bárbaro.
09
May

Airbus A340 en Vigo

Pois ó final mereceu a pena levantarse ás 6:00 da mañán para estar ás 7:00 apostado na pista 20 de Peinador (Vigo). Cruzamos os dedos e a sorte estivo do noso lado, o A340 de Aerolíneas Argentinas aterrizou hoxe en Vigo pasadas as 7:20 da mañá. Nadie esperaba que foxe real, pero ó final chegou, e era certo que viña.

Para os que non arriscaron, ou non puideron vir, aquí tedes os videos de Kiko, unha das persoas que se levantou para ver ó avión (e non traballaba de mañá!!):

Aproximación 

Despegue (con vallas, pero é o que hai…) 

Para ver as fotos, en www.aviationcorner.net

08
May

Spotters en Heathrow cazando o A380

Pois para o primeiro voo do Airbus A380 de Singapore Airlines, estaba petada esa finca… cobrarían entradas ?

02
May

Qué son os Spotters ?

Pois para os que non o saiban, aquí tedes unha explicación:

Qué bonito o pintan non ?

02
May

Novas fotos en Photoshop Disasters

Fai un mes fixemos mención á web Photoshop Disasters. É unha web que se dedica a buscar erros de retoque dixital.

Menudas pernas no ? Ollos pegados, brazos que faltan… ou que sobran.. a verdade é alucinante!

Continue reading ‘Novas fotos en Photoshop Disasters’