Parece que volvemos para atrás. Fai tempo que veño comprobando como se van perdendo moitos dos dereitos que se foron gañando na época dos 80. Aqueles que loitaban polos dereitos dos traballadores, que querían melloras laborais, agora son empresarios e tratan de explotar ó máximo. Por outro lado, a sociedad está totalmente sometida e ninguén protesta por nada, aceptase calqueira condición. A xente está preocupada e ocupada en outras cuestións e a división é cada vez maior. A unidade non existe.
Agora sacan unha nova normativa na que permiten facer 65 horas semanais de forma legal. Isto é 13 horas traballando + 8 horas durmindo ( é o que se recomenda) + 3 horas para comer, asearse, facer o traxecto para ir ó traballo, lavar a roupa, limpar a casa e se todavía queda tempo falar ca parella, amigos, pais… E con todo isto (ainda que todavía sexa unha proposta, cousa que non me queda clara…) o noso goberno so se abstén de votar ? É incrible, deberían ser unha negativa en toda regra!! taxante, non podemos permitir que sigan quitando dereitos.
Nestes intres non existe ningunha mención por parte dos sindicatos sobre este tema, non pensan facer nada ? A min paréceme unha afirmación tremenda como para que nin a mencionen na súa web.
Máis info: