* Estás vendo o arquivo de Xuño 17th, 2008

Problemas 3G Simyo, outra vez

De novo volvemos a ter problemas de acceso a internet en 3G na rede de Simyo. Fai pouco tempo que me conecto con Simyo (3 meses ou así) pero xa é a segunda vez que non me funciona a rede 3G (tendo cobertura) e sí a rede 2G, ca conseguinte lentitude no acceso.

Isto pinta igual que o de Yoigo, barato, pero mal servizo. Eu polo momento estou contento co rendimento do servizo, pero non me convence a pouca estabilidade. Levo dende o Xoves (12/06/2008) sen acceso a Internet a unha velocidade decente.

Cantos tedes o mesmo problema ? Teño a certeza que pola zona de Vigo, Nigrán funciona correctamente, pero polo Morrazo non. Será isto unha norma ? Responderá ás melloras da liña 3G de Orange ?

Teremos que esperar de novo. A incidencia leva aberta dende o Sábado (14/06/2008).