* Estás vendo o arquivo de Xullo 2nd, 2008

Simyo continúa con problemas na rede 3G

Pues parece que Simyo non quere solucionar os problemas da rede 3G no Morrazo, ou pola contra non lle interesan os clientes en xeral ou da zona do Morrazo. O que teño claro é que menos mal que existe Yoigo, xa que, volvín a recurrir a eles, porque o de Simyo é todavía peor.

Levo dende o día 12/06/2008 sen que funcione Internet. Abrín a incidencia o día 14/06/2008 en Simyo e un par de días despois en Orange (que eu creo que é o responsable real do problema de Internet). Todavía sigo igual e non vexo trazas de melloría.
Para qué sacan ofertas que non poden cumplir nin por asomo ?? Estropean a mágnifica imaxe que crean ou que tentan crear cando nace a empresa. Eu non son un experto en marketing, así que adiante ca política tan extraña das operadoras de telefonía!!

Halcón Viajes usa foto sen permiso

A axencia de viaxes Halcón Viajes, fixo recentemente unha campaña de voos a Viena. Dita campaña contiña unha fotografía de Sebastian Fernandez, spotter de Iberian Spotters e habitual de AviationCorner.net.

O anuncio en cuestión é o seguinte:

Parece que ata as grandes empresas, con grandes campañas de marketing, fan as cousas igual de mal e caen no desprestixio da marca, por catro duros… en fin. Aquí tedes o orixinal, que está moito mellor, tendo en conta que non ten nin o carteliño de Viena, nin os logos estorbando no perfecto ceo azul que recolleu o noso amigo spotter.

Alucinante non si ?