MySQL 5.1 Particións “Partition Pruning”

Pouco a pouco irei falando das novas características do MySQL 5.1. É a nova versión de MySQL que todavía está en RC (Release Candidate).

Unha das características máis esperadas son as particións, pero polo momento parece que será unha característica que se atopará moi “verde” no momento de facer a versión GA (Generally Available).

Se queredes comenzar a xogar con todas as novas opcións, como particións e eventos, podedes descargala de:  MySQL 5.1.

Particións

Para comezar cas particións debemos ter en conta o denominad “Partitioning Pruning” que non é máis que saber se as nosas particións van a usarse para filtrar as consultas, por exemplo, queremos sacar un informa dun día, e sabemos que ese día está almacenado nunha partición, o executar a consulta deberíase seleccionar so esa partición.

Isto é o máis importante para saber se as particións mellorarán ou empeorarán o rendimento global.

Para facer esta comprobación usaremos o explain,  pero dun xeito particular:

explain partitions select * from table;

Máis adiante exemplos de particionado e a información que proporciona o explain.

Deixar un comentario