O colmo dos colmos
Nos xogos olímpicos vemos todo tipo de cousas raras. Vemos a xente competindo polo seu país ca bandeira de outro (Os daneses no 49er ca bandeira de Croacia), Usain Bolt que compite polo seu país (Jamaica) despois de ser tentado por outro (USA) e os casos que parecen normales de deportistas que compiten por outro país, como Ayad Lamdassem en 10000m. Isto xa non resulta curioso, pero se collemos ós “Georgianos” de voleibol de praia a cousa cambia:
A parte da esquerda son os nomes dos deportistas, e o da dereita o nome do país. Curioso non ?Podedes comprobar que é real na web oficila dos xogos olímpicos de Beijing 2008.
A min isto xa me parece recochineo. Os dous citados deportistas xa están nas semifinais que xogarán mañán 20/08/2008. Alguén imaxinaba que Georgia podría ter a un equipo de voleibol praia nos xogos olímpicos ?








