Google Chrome , o novo navegador de Google
Google acaba de sacar un novo navegador, Chrome.
Polo momento so existe versión compilada para Windows XP e para Windows Vista. As versións de Linux e Mac deberán esperar un tempo. Para descargalo accede a: http://www.google.com/chrome. Na mesma web podes darte de alta para que che avisen do lanzamento da versión para o teu sistema operativo.
Existe documentación para comezar a compilar código para Linux. No seguinte enlace podedes atopar a información necesaria para facer unha compilación para Linux: chromium.org.
As primeiras probas que fixen dan un resultado satisfactorio, moi rápido, sinxelo de instalar e ca web do Gmail vai coma un tiro!
Descarga:







