* Estás vendo o arquivo mensual de Novembro, 2008

En defensa da Mesa pola normalización lingüistica

En resposta ós ataques ós que se ve sometida dita mesa por algúns grupos políticos e demáis, A Mesa sacou un texto.

Tal e como din na portada do documento: “Este documento quere dar resposta a estes ataques. Porque non pode ser que se continúe a difamar públicamente a quen non fai máis que defender a convivencia, a cultura e a lexislación“.

Por isto e para poder vivirmos en Galego, axuda a difundir o seguinte texto.

Descargar texto

Bronca comandante Iberia a controlador de Costa Rica

A verdade é que normalmente escoitamos broncas dos controladores ós pilotos por non seguir as instruccións que lle indican, pero neste caso temos unha bronca de un comandante a un controlador aéreo, xa que lle fai facer unha maniobra perigosa por falta de coordinación. Durante a conversa podemos escoitar cousas do tipo esto no es una avioneta, ni un caza, aquí llevamos gente detrás…”.

O final entre o comandante do A340 e o controlador do Aeroporto Internacional Juan Santamaría, ( San José, Costa Rica) chegan a un acordo para permitir a saída do avión en terra e demorar a aterraxe do A340 de Iberia.

Vía: LandingShort

Entendendo como funciona Internet

Para os máis profanos existe unha serie de videos que dun modo similar a “Erase una vez … el cuerpo humano”, explican o funcionamento da rede dende que fas click nun link web.

A segunda parte:

Arte con luces de Coraid

Coraid é unha empresa que fabrica sistemas de almacenamento en rede baratos. Usan o protocolo AoE. O seguinte video mostra varias unidades Coraid traballando creando un curioso baile de luces.

Visto en: Mike Neir’s Page

Aterraxe de emerxencia de Ryanair.

Onte, sobre as 7:56 hora local de Roma, un avión de Ryanair tivo que facer unha aterraxe de emerxencia ó sufrir varios impactos de aves. Estes impactos danaron o tren esquerdo do avión, co que este estivo a piques de sairse da pista e quedou pousado enriba dun motor do avión. Este incidente provocou o peche das instalacións de Ciampino, co que uns 700 españois continúan no aeroporto (ou en hoteis…) á espera de regresar a España. Os voos afectados foron Roma->Santiago, Roma->Valencia, Roma-> Santander. Algúns voos (pero é imposible que todos, debido á saturación) foron operados no aeroporto de Fiumincino onte, e presumiblente serán hoxe tamén. Máis info: Incidente - Peche de pista, anulación

Este foi o aspecto do avión que tivo o incidente:

É incrible o que pode facer unha bandada de páxaros.

Os ordenadores reciclados de EEUU contaminan dende China

Pois parece que os ordenadores que ían a ser reclados en Estados Unidos, están a ser enviados masivamente a China. Alí, non son tratados para a súa reciclaxe, son queimados sen ningún tipo de protección nin para os operarios, nin para o medio natural.

Na zona onde se realiza a queima, o aumento de cánceres, mutacións e mortes repentinas é brutal.

No seguinte video da cadea CBS podemos ver unha reportaxe que destapa o escándalo. Eles investigaron o envío de estes ordenadores e concluiron que non estaban a ser tratados como se decía.

Watch CBS Videos Online

Vía Engadget