O día 15 de Xaneiro do 2009, produciuse unha azaña no mundo da aviación. Un avión Airbus A320-214, ca matrícula N106US, perdía os dous motores e comezaba unha manobra para volver ó aeroporto. O capitán, Chesley Shullenberger, de 58 anos, salvou ás 153 persoas a bordo gracias a unha manobra que pousou ó avión no río Hudson. O avión no creo que volva a voar, pero o capitán seguro que sí.

Chesley Shullenberger
O capitán levaba traballando para a mesma aerolínea 23 anos. A aerolínea era US Airways e contaba con este, xa convertido, heroe americano. Todos os tripulantes do avión tiñan moita experiencia. US Airways xa fixo público o nome de todos, ademáis do capitan “Sully” atopábanse:
- Primeiro oficial Jeffrey B. Skiles, 49 anos, 15.643 horas de voo, voa ca compañía dende 1980, cando entrou en US Air.
- TCP Shelia Dail, 57 anos, na empresa dende 1980, cando entrou en Piedmont Airlines.
- TCP Doreen Welsh, 58 anos, leva na empresa dende 1970 cando entrou en Allegheny Airlines.
- TCP Donna Dent, 51 anos, na empresa dende 1982, outra veterana de Piedmont Airlines
A verdade é que fou unha alegría para todos que so se perdese o avión (case seguro que non volverá a voar) en tan arriscada manobra.
Pero, por qué frota un avión ? está o Airbus A320 preparado para amerizar ? Pois curiosamente parece que sí. O Airbus A320 dispón de un botón para selar todas as entradas de auga, para impedir que ó avión lle entre auga e que polo tanto non poida frotar. Este botón pecha todas as entradas de aire que quedan por debaixo da liña de frotación, denomínase “DITCHING“. En Landing Short, temos unha grande explicación de isto.
Despois duns días do accidente, apareceron en Flickr e outras webs, moitas fotos cas que podemos ilustrar o accidente e o rescate do avión:

Plane Recovery, de Kevinh_photos de Flickr

US Air Flight 1549 out of the Hudson river de Lorcan Otway
Buscando por internet atópanse multitude de referencias do accidente, documentos gráficos etc.