* Estás vendo o arquivo para a categoría ‘Debian’

Dynamic MMap ran out of room, típico erro de apt-get

Cando engadimos unha nova fonte de paquetes de Debian, no arquivo sources.list, pode ser que cando fagamos a actualización apareza este erro:

apt-get update
Des:1 http://ftp.de.debian.org etch Release.gpg [386B]
Des:2 http://ftp.de.debian.org testing Release.gpg [189B]
Obj http://ftp.de.debian.org etch Release
Des:3 http://security.debian.org etch/updates Release.gpg [189B]
Des:4 http://ftp.de.debian.org testing Release [74,5kB]
Obj http://security.debian.org etch/updates Release
Ign http://security.debian.org etch/updates/main Packages/DiffIndex
Ign http://security.debian.org etch/updates/contrib Packages/DiffIndex
Ign http://security.debian.org etch/updates/main Sources/DiffIndex
Ign http://security.debian.org etch/updates/contrib Sources/DiffIndex
Obj http://security.debian.org etch/updates/main Packages
Ign http://ftp.de.debian.org etch/main Packages/DiffIndex
Ign http://ftp.de.debian.org etch/main Sources/DiffIndex
Obj http://security.debian.org etch/updates/contrib Packages
Des:5 http://ftp.de.debian.org testing/main Packages [5257kB]
Obj http://security.debian.org etch/updates/main Sources
Obj http://security.debian.org etch/updates/contrib Sources
Des:6 http://ftp.de.debian.org testing/main Sources [2303kB]
Obj http://ftp.de.debian.org etch/main Packages
Obj http://ftp.de.debian.org etch/main Sources
Descargados 7635kB en 32s (238kB/s)
Leyendo lista de paquetes… ¡Error!
E: Dynamic MMap ran out of room
E: Ocurrió un error mientras se procesaba vfu (NewVersion1)
E: Problem with MergeList /var/lib/apt/lists/ftp.de.debian.org_debian_dists_testing_main_binary-amd64_Packages
E: No se pudieron analizar o abrir las listas de paquetes o el archivo de estado.

Para evitalo temos engadir o cambiar o valor da seguinte variable:

APT::Cache-Limit “5000000″

Esta variable atópase no ficheiro /etc/apt/apt.conf ou en /etc/apt/apt.conf.d/70debconf.

Según as fontes que teñamos definidas no ficheiro /etc/apt/sources.list necesitaremos un valor maior ou menor.

Tiña ganas de deixar esta anotación por aquí, xa que, sempre atopo este erro no inicio dunha nova instalación.

Utilidades HP para Debian Etch AMD64

Para instalar algunhas utilidades para a xestión e mantemento dos servidores HP Proliant en Debian Etch para a arquitectura AMD64, é necesario instalar librerías para 32bits, para emular dita arquitectura.

Creo que merece a pena, xa que, a utilidade hpacucli (HP Array Configuration Utility Client) non funciona se non están instaladas. Esta utilidade sirve para saber todos os datos sobre as controladoras RAID instaladas no sistema, así como configurar novos Arrays de discos ou coñecer o estado dos actuais. Para min é unha gran utilidade.

Para que o hpacucli corra sen problemas na Debian Etch AMD64 é necesario que no sistema teñamos a libreria libstdc++-libc6.2-2.so.3. Esta librería atópase no paquete ia32-libs.

Vexamos como instalaremos o paquete hpacucli-7.80-3.linux.deb.

apt-get install lib32z1-dev

apt-get install ia32-libs

dpkg –force-architecture -i hpacucli-7.80-3.linux.deb

Con isto xa debemos ter HP Array Configuration Utility Client instalada e lista para ser usada.

Descarga: HP Proliant Debian Value Add Software

Instruccións de Instalación: HP Value Add Software Installation Guide

Dudesconf 2008

Este é un evento que trata de reunir a todos os “developers” e simpatizantes do proxecto Debian. Eu xa estou anotado.

Haberá conferencias (que aínda están por detemiñar ), wifi, “comiditas” e aloxamento gratuito dun modo un tanto especial. Terá lugar na Universidade da Coruña, na Facultade de Informática.

Continuar Lendo »

Convertir paquetes RPM a DEB

Fai tempo que non escribo nada interesante. Vamos a convertir un paquete RPM a DEB ca aplicación “alien”.

Supoñemos que coñecemos o uso de apt-get, de Debian, Linux e que sabemos que é un RPM e un DEB. Se non sabemos isto, este artigo tampouco é interesante para ti, outra vez será.

Para comezar instalamola aplicación:

apt-get install alien

Continuar Lendo »