* Estás vendo o arquivo para a categoría ‘Foto’

Como se fixo o calendario de Ryanair

O seguinte video é algo similar a un cómo se fixo a sesión fotográfica que deu lugar ó calendario das asistentes de cabina de Ryanair.

O calendario ten máis ganas que calidade, pero bueno todo sexa polo fin benéfico do mesmo.

Videos de boda, alucinantes!

Vídeo en Vimeo

A verdade é que os vídeos de boda son os videos que máis me aburren. Son lentos, mal feitos, pero os interesados quedan sempre felices. Pagan unha pasta por algo que é un popurrí de imaxes sin xeito e sempre iguais, pero que recordan o momento do “Sí quero!”.

Hoxe descubrín en Xataka Foto estos vídeos e despois de velos, case me dan ganas de casares!

StillMotion ten algúns videos máis en Vimeo, aquí recollemos os que máis me gustaron.

Vídeo en Vimeo.

Hai que recoñecer que estos vídeos tamén conteñen moitos elementos, composicións similares.

Despois de velos alguén se anima ?

Secuencias de fotos cunha Nikon D90

Parece incrible, pero é certo. O que vos ensino a continuación son dous videos feitos con fotos sacadas por unha Nikon D90. O primeiro deles é alucinante, pero o segundo é, para min, sinxelamente expectacular:

The Pica Supremacy

The Pica Supremacy (Nikon D90) from Akira Wing on Vimeo.

The D90 Journey

The D90 Journey from Akira Wing on Vimeo.
Os videos son unha idea orixinal e foron feitos por Akira Wing.

Vía fotomaf.

Como fotografiar o Martín Pescador

Increible post explicando como fotografiar a un Martín Pescador. Atopeino en Caborian. Dous membros Caborian, Juán Carlos Cruz e José Luís Rodríguez, fan unha pequena explicación de cómo conseguir unhas magníficas fotografías dun Martín Pescador. A verdade é que o resultado é impresionante, podédelo comprobar aquí: Martín Pescador en Caborian.

No video podemos ver o que dixeron dun modo resumido e seguro que moi acelerado. Espero que o disfrutedes tanto coma min:

Vía: Caborian

Timelapse aeroporto de Madrid-Barajas

Este vídeo está feito con fotos, cas cámaras Canon 400D e Nikon D300. É obra de Luis Caldevilla , é un Timelapse e está recollida no proxecto Timelapses.tv. A técnica resulta curiosa.

Está adicado ós traballadores do aeroporto.

Despois de visitar a web Timelapses.tv, outro que me gusta moito é este:

É un timelapse panorámico. Increible!

Vía Microsiervos.

Pentax K10D fotografiando a 100000 pes

Un grupo de usuarios intrépidos de Pentax conseguiron captar unha serie de imaxes alucinantes, cunha Pentax K10D, un Gps e un globo.

A cámara foi nunha caixa de foam para resistir o impacto da aterraxe ( A caixa aguantou un impacto de 35 km/h):

Photo: Arena5

As fotos quizais merezan a pena, pero case que eu non faría un experimento de este tipo ca miña reflex. A cámara tivo que resistir temperaturas de -50 graos!

Continuar Lendo »

Halcón Viajes usa foto sen permiso

A axencia de viaxes Halcón Viajes, fixo recentemente unha campaña de voos a Viena. Dita campaña contiña unha fotografía de Sebastian Fernandez, spotter de Iberian Spotters e habitual de AviationCorner.net.

O anuncio en cuestión é o seguinte:

Parece que ata as grandes empresas, con grandes campañas de marketing, fan as cousas igual de mal e caen no desprestixio da marca, por catro duros… en fin. Aquí tedes o orixinal, que está moito mellor, tendo en conta que non ten nin o carteliño de Viena, nin os logos estorbando no perfecto ceo azul que recolleu o noso amigo spotter.

Alucinante non si ?

Nikon D700 , da especulación á realidad

Despois de estes días nos que se leva falando dos rumores de Nikon, descúbrese que a Nikon D700 é unha camara real e en formato Full Frame.

O máis importante de este modelo é que tratará de competir cunha cámara moi rodada e con moi boas críticas como a Canon 5D, xa que, esta Nikon é unha cámara Full Frame a un prezo contido ( JEJE, 2600 €).

A ver que tal responden os usuarios ante esta nova cámara. Polo momento o lanzamento da D3 e D300 foi todo un éxito, agora teremos que esperar para ver se o da D700 volve a selo.

Tamén queda  por ver se o rumor da D3x é certo, porque podería ser unha bomba.

Máis info:

Nikon 70 - 300 VR , quen mo presta ?

O Nikon 70-300 AF-S VR é un obxetivo bastante económico e moi resultón. Despois de leer e buscar información dun tele decente, estou case decidido por ese. Vin probas alucinantes coma esta de Ojodigital: http://www.ojodigital.com/foro/showthread.php?t=124485.

Tamén busquei fotos para ver como quedaría pegado á miña cámara, e realmente queda ben:

Foto de:  clicks_1000

Ó que vou, algué se ofrece a deixarmo probar ? Sería con dono diante e podería ser nunha sesión de spotting en Galicia ou Portugal, en Porto por exemplo.. ou en tal caso en Lisboa… pero non quería ir tan lexos.

Máis info:

Equipo fotográfico roubado

Según leo en Fotomaf, roubaronlle o equipo fotográfico a un reporteiro gráfico de 20minutos.

Según indica no seu blog o que lle roubaron é o seguinte:

Resultado: Mark II (4200 euros) con número de serie 220182; objetivo Canon 17-40 mm (700 euros) con número de serie 181302; objetivo Canon 70-200 mm IS L USM (1800 euros) con número de serie 255665; objetivo Canon 50 mm 1.4 (350 euros) con número de serie 88000983; flash Canon 580 EX (500 euros) con número de serie 220998; 8 tarjetas de memoria, dos pendrive, lector de tarjetas, modem usb de vodafone, agendas de contactos … y un disgusto bárbaro.