* Estás vendo o arquivo para a categoría ‘Internet’

Entendendo como funciona Internet

Para os máis profanos existe unha serie de videos que dun modo similar a “Erase una vez … el cuerpo humano”, explican o funcionamento da rede dende que fas click nun link web.

A segunda parte:

O peor logo de Google dende fai tempo

Google Logo

Parece ser que Google esta vez non estivo moi inspirado e rompei completamente o que foron os seus logos. ¿Por qué incluiría Google un logo con fondo esta vez? Este ano na conmemoración do nacemento de Diego Velazquez usou un fondo. Aquí tedes moitos dos logos de Google: http://www.google.com/holidaylogos.html

Problemas DNS R y más…

Actualmente existen problemas cos DNS de R cun carrier que  non está a funcionar. Leva dende as 16:30 sen funcionar.

É un corte xeral. Por outra banda os números de atención ó cliente non están a funcionar (1449…) ou o teléfono de grandes contas.

É un problema maior que un fallo de DNS. Parece que un punto de intercambio está en fallo ou que ardeu. A hora aproximada de solución está estimada en 21:30.

Un apretón de orellas para Mundo-R pola atención ó cliente, pero o problema é dun carrier.

10 cumpreanos de Google

O 27/09/2008 Google cumplíu 10 anos! 10 anos mercando empresas, acertando en case todo, invertindo, instalando máis e máis centros de datos, equivocándose, facendo censura en países pouco aperturistas, pero 10 anos crecendo e axudando a moita xente (un servidor é un deles…) a atopar o que busca.

10th Google Birthday logo

Moita xente non podería vivir sin Google. Actualmente Google non é so un buscador, é un organizador de imaxes on-line, unha web de streaming de video (mellor dito dúas), un servizo de mapas, etc. O 27 de setembro tamén creou unha web para conmemorar ese día tan importante, o seu nacemento.

Para os nostálxicos existe a primeira versión do buscador de google en: http://www.google.com/search2001.html.

Say not to dirt

‘Di non á suciedade’

Google Chrome , o novo navegador de Google

Google acaba de sacar un novo navegador, Chrome.

Google Chrome


Polo momento so existe versión compilada para Windows XP e para Windows Vista. As versións de Linux e Mac deberán esperar un tempo. Para descargalo accede a: http://www.google.com/chrome. Na mesma web podes darte de alta para que che avisen do lanzamento da versión para o teu sistema operativo.

Existe documentación para comezar a compilar código para Linux. No seguinte enlace podedes atopar a información necesaria para facer unha compilación para Linux: chromium.org.

As primeiras probas que fixen dan un resultado satisfactorio, moi rápido, sinxelo de instalar e ca web do Gmail vai coma un tiro!

Descarga:

http://www.google.com/chrome

iPhone 3G , realidade vs publicidade

No seguinte video podemos ver as mesmas tarefas que se fan no video publicitario, pero na vida real. A diferencia de velocidade é considerable e queda patente, que o mundo publicitario e o real teñen bastantes diferencias.

Seguro que foi sen maldade e simplemente foi por aforrar costes no anuncio.

Vía: iPhoneFan

VozME, engadir voz á túa web

VozME é un servizo que permite que pasar un texto e que este nos devolva un MP3 (ficheiro de audio) que se pode escoitar, co contido do texto.. Isto significa que podemos dar un servizo máis accesible, xa que, o contido dun post, artigo, pode ser escoitado por unha persoa cega.

Onde atopedes unha icona parecida á que ven poderemos escoitar o contido do artigo ou post:

Na web está operativo dende fai uns minutos (a modo de proba). Podedes comprobar que a funcionalidade non é completa e que o MP3 non é ningunha maravilla, pero é un paso adiante.

Ale a probalo a ver que tal!

Símbolos do Metro do mundo

Vía Microsiervos descubrín unha interesante recopilación dos símbolos do metro do mundo.

“Variations of the letter M”, encárgase de mostrar un listado das variacións da letra M de metro.

Vía: Microsiervos

DNS Cache poisoning

Envenenando a cache DNS. Recentemente (relativamente), 07/07/2008 detectouse unha vulnerabilidade do DNS que se ven arrastrando dende a creación do protocolo. A vulnerabilidade pode provocar que as respostas que dan os servidores DNS sexan incorrectas.

Dan Kaminsky (www.doxpara.com) sacou á luz o tremendo bug que tiña o protocolo DNS. Na súa web (www.doxpara.com) dispón de un botón para comprobar que os DNS que temos configurados non son vulnerables.

Actualmente todavía continuan algúns servidores de nomes ca vulnerabilidade. En BandaAncha.eu podedes comprobar unha lista. Aquí tedes o enlace: http://bandaancha.eu/analizador-dns. Esa lista non é fiable o 100% xa que, as consultas non teñen por qué ser satisfeitas polo servidor ó que consultamos e pouco a pouco todos os servidores van aplicando os parches de seguridade, polo que pode que nos toque un que teña a vulnerabilidade e outro que non.

Para estar completamente seguros eu recomendo usar OpenDNS. Dende o primeiro momento non estiveron afectados e incluso dicen que nunca estiveron afectados. Os servidores DNS de OpenDNS son:

208.67.222.222
208.67.220.220

Para comprobar se un servidor está afectado podemos usar:

dig @IP_SERVIDOR +short porttest.dns-oarc.net TXT

So temos que substituir IP_SERVIDOR pola dirección IP do servidor IP a consultar.