* Estás vendo o arquivo para a categoría ‘Linux’

Arte con luces de Coraid

Coraid é unha empresa que fabrica sistemas de almacenamento en rede baratos. Usan o protocolo AoE. O seguinte video mostra varias unidades Coraid traballando creando un curioso baile de luces.

Visto en: Mike Neir’s Page

Eliminar configuración “slave” MySQL

Unha tarefa bastante habitual é configuración dun escravo para a replicación de datos, para obter así unha seguridade ante unha eventual caída do servidor principal de base de datos.

A operación é sinxela e consta de so dúas instruccións que terán que ser executadas no servidor escravo:

stop slave;
CHANGE MASTER TO MASTER_HOST=”;

Con estas dúas operacións asegurámonos de que o servidor escravo deixe de propagar os cambios rexistrados no servidor mestre(principal).

MySQL 5.1 Particións “Partition Pruning”

Pouco a pouco irei falando das novas características do MySQL 5.1. É a nova versión de MySQL que todavía está en RC (Release Candidate).

Unha das características máis esperadas son as particións, pero polo momento parece que será unha característica que se atopará moi “verde” no momento de facer a versión GA (Generally Available).

Se queredes comenzar a xogar con todas as novas opcións, como particións e eventos, podedes descargala de:  MySQL 5.1.

Continuar Lendo »

Recuperar Grub bootloader

Todos tivemos problemas algunha vez co noso grub. Normalmente é sinxelo recuperalo, pero últimamente cos discos SATA xurde algún que outro problema.

Método que eu usaba ata o momento:

  • Arrancamos o sistema con un disco arrancable alternativo (USB, cdrom, etc.)
  • Poñémonos como root (sudo su, su, etc..)
  • Montamos a partición do sistema que queremos recuperar o arranque (mount /dev/sda1 /mnt/sistema)
  • Facemos a partición a raíz do sistema (chroot /mnt/sistema)
  • Por último executamos grub-install /dev/sda ou grub-install hd0, ou o disco no que se atope a partición de sistema.

O método que me resultou, despois de que me fallara o anterior:

  • Arrancamos o sistema con un disco arrancable alternativo (USB, cdrom, etc.)
  • Poñémonos como root (sudo su, su, etc..)
  • Accedemos ó grub, co comando grub
  • Logo aparecerá unha shell cun prompt grub> . Ahí executaremos:
  • find /boot/grub/stage1
    Este comando proporcionará a información da partición que contén o sistema, como exemple (hd0,1)
  • grub>root (hd0,1)
  • grub>setup (hd0)
  • E por último saímos do grub, grub>quit

Logo de usar calqueira dos dous métodos (sempre que algún deles funcione) reiniciamos e xa temos o grub funcionando de novo.

Referencia rápida de VIM

Para o que queira reirse un rato:

Para o que queira ir directamente ó grano, aquí tedes unha carta de referencia rápida do meu editor favorito!! O “VI Improved”:

Carta de Referencia Rápida en castelán: PDF

É para imprimir e plegar en tres, coma se fose un tríptico.

Máis info:

Controlando Swap en Linux, swappiness

Por norma xeral facer swap en Linux provoca unha caida do rendimento brutal (na maioría dos casos), pero por outro lado necesitamos que o swap exista e que se use no momento no que a memoria do sistema se agote.

Para configurar isto dunha maneira optima temos a variable: /proc/sys/vm/swappiness. Por defecto esta variable ten un valor de 60, e pode tomar valores de 0 a 100.

Explicamos estes valores: canto máis alto sexa este valor, máis preferencia terá o Swap sobre a memoria do sistema. Según as miñas probas se o valor é 60, indica que o se a memoria libre do sistema é menor que o 60% tenderase a usar o swap.

Recoméndase tratar de evitar o uso do swap sempre que sexa posible, xa que, a memoria do sistema é máis rápida que o acceso a disco. Por outro lado, nun portátil deberase evitar o acceso a disco o máximo posible para optimizar a duración da batería. Para iso podemos usar un valor menor que 20, para que o uso do swap sexa o menor posible.

Para facer que este valor perdure nos reinicios deberemos configuralo no ficheiro de configuración: /etc/sysctl.conf. A liña a engadir:

vm.swappiness=10 # O número é o que deberedes variar ata conseguir o voso valor óptimo.

Para liberar o swap:

swapoff particion_swap
swapon particion_swap

É seguro, pero lento, pero é recomendable facer probas nun sistema que non sexa de producción.

Dudesconf 2008

Este é un evento que trata de reunir a todos os “developers” e simpatizantes do proxecto Debian. Eu xa estou anotado.

Haberá conferencias (que aínda están por detemiñar ), wifi, “comiditas” e aloxamento gratuito dun modo un tanto especial. Terá lugar na Universidade da Coruña, na Facultade de Informática.

Continuar Lendo »

Como facer un backup do MBR e da táboa de particións

Xa que estou cunhas cantas forzas e como últimamente ando a voltas con estes temas de seguido, vamos a ver como facer un backup do MBR (Master Boot Record) e da táboa de particións. É necesario coñecer a utilidade de Linux “dd“.
Xe non os coñeces ou non os queres coñecer, este artigo volve a non ser interesante para ti ;).

Continuar Lendo »

Convertir paquetes RPM a DEB

Fai tempo que non escribo nada interesante. Vamos a convertir un paquete RPM a DEB ca aplicación “alien”.

Supoñemos que coñecemos o uso de apt-get, de Debian, Linux e que sabemos que é un RPM e un DEB. Se non sabemos isto, este artigo tampouco é interesante para ti, outra vez será.

Para comezar instalamola aplicación:

apt-get install alien

Continuar Lendo »

Distribución Linux de Oracle… para Oracle… Non !! Linux Unbreakable, Soporte empresarial para Red Hat Linux

Oracle ven de anunciar unha nova moi esperada, soporte de moi alto rango para usuarios de Red Hat Linux. De esta forma aforranse en costes de soporte ó incluir o soporte de Linux e Oracle no mesmo paquete. Actualmente existe unha promoción con descontos do 50% e 100% para clientes de Oracle, ata o 31/01/2007.. quizá sexa unha boa oportunidade.. :D

Para que isto esté operativo é necesario pasarse á rede de soporte de Oracle. A ventaxa de isto é que Oracle provee solucións a erros da distribución Red Hat, que Red Hat solo provee obligando ó cliente a actualizarse a unha nova versión (Red Hat Enterprise AS 3 á 4 por exemplo).

Máis info: