* Estás vendo o arquivo para a categoría ‘MySQL’

Rotar Logs MySQL

Fácil fácil, para rotar logs de mysql so temos que usar a utilidade mysqladmin, executando o FLUSH-LOGS. O comando que temos que executar é:

/usr/local/mysql/bin/mysqladmin flush-logs –user=usuario -password=pwd

Debemos ter en conta que así rotamos os binary logs, os relay logs e os logs de rexistro de MySQL. Para integralo co logrotate.d de GNU/Linux, podemos usar a seguinte configuracion:

/var/log/mysqld.slow.log /var/log/mysql/*.err {
daily
rotate 10
compress
delaycompress
notifempty
create 640 mysql mysql
sharedscripts
postrotate
/usr/local/mysql/bin/mysqladmin flush-logs –user=user –password=pwd
endscript
}

Farase un rotado diario e manterase 10 copias do mesmo.

Listar procedementos, funcións en MySQL

Para listar os procedementos e funcións so temos que executar a seguinte sentencia. Fácil e rápido!

SELECT ROUTINE_TYPE, ROUTINE_NAME
FROM INFORMATION_SCHEMA.ROUTINES
WHERE ROUTINE_SCHEMA=’dbname‘;

Eliminar configuración “slave” MySQL

Unha tarefa bastante habitual é configuración dun escravo para a replicación de datos, para obter así unha seguridade ante unha eventual caída do servidor principal de base de datos.

A operación é sinxela e consta de so dúas instruccións que terán que ser executadas no servidor escravo:

stop slave;
CHANGE MASTER TO MASTER_HOST=”;

Con estas dúas operacións asegurámonos de que o servidor escravo deixe de propagar os cambios rexistrados no servidor mestre(principal).