* Estás vendo o arquivo para a categoría ‘Tecnoloxía’

Chega o fin do mundo ?

Pois hoxe ponse en marcha o LHC , o Gran Colisionador de Hadróns. Será ás 9:30 da mañá cando se producirá a primeira inxección dun pequeno grupo de partículas. Este gran avance tecnolóxico atópase entre Suiza e Francia, pero non vos preocupar, se algo sae mal, compartirán o desastre con todos nós.

Antes de que o evento teña lugar Lyn Evans, lider do proxecto LHC, pronunciará unhas palabras e explicará que van a facer exactamente. Logo Robert Aymar, director do CERN, pronunciará unhas palabras. A partir de aquí,. sobre as 09:30 poderemos serguir o evento nun webcast da web do CERN.

Qué pasará ? Pois existen varias teorías, incluso no peor dos casos, o buraco negro xenerado, non estaría activo tanto tempo como para acabarse o mundo.

De todos modos, existe unha frase que leín onte en Microsiervos:

“Si alguna vez acabamos destruyendo el mundo, la última voz en oirse probablemente sería la de un experto diciendo que «eso no puede suceder».”

Peter Ustinov

Realmente este home tiña toda a razón. Esperemos que hoxe o día sexa un día máis da nosa asquerosa rutina. Quédavos algo por facer ? Tedes media hora.

Editado 13:15:

Pois parece que seguimos aquí… así que algo debeu sair mal ;)

Conferencia sobre seguridade web

A verdade é que cheguei ata estes videos, polo que conta no video 6/6 no minuto 2:54, Jorge Martín Inspector Xefe de Delitos Informáticos da Policía Nacional dixo (foi no 2007) “os podeis bajar lo que querais del emule, no pasa nada, pero no comercieis con él, no lo vendais…” y tiene toda la razón.

Toda a conferencia é moi interesante, ahí vos queda.

Parte 1/6

Continuar Lendo »

VozME, engadir voz á túa web

VozME é un servizo que permite que pasar un texto e que este nos devolva un MP3 (ficheiro de audio) que se pode escoitar, co contido do texto.. Isto significa que podemos dar un servizo máis accesible, xa que, o contido dun post, artigo, pode ser escoitado por unha persoa cega.

Onde atopedes unha icona parecida á que ven poderemos escoitar o contido do artigo ou post:

Na web está operativo dende fai uns minutos (a modo de proba). Podedes comprobar que a funcionalidade non é completa e que o MP3 non é ningunha maravilla, pero é un paso adiante.

Ale a probalo a ver que tal!

Olympus FE-230 vs Fujifilm A500

Pois estes días estábamos buscando unha cámara compacta, lixeira e pequena para un amigo. Resulta que o que él busca sobre todo é que a cámara sexa fina, para poder levar a todos lados no bolsillo.

Eu pensando decido recomendarlle unha cámara Fujifilm (marca da que eu son fan, aínda que agora teño unha Nikon D50) , xa que, creo que son as mellores cámaras que  fan un procesado da fotografía incrible. Ó final, como o rapaz non queda moi convencido de Fujifilm e gústalle a Olympus FE-230 , decide collela e tráema para que a probe. Eu decido sometela a examen contra unha Fujifilm A500 de hai ano e medio.

Continuar Lendo »

Portátil MAC alimentado a pedales

Aquí podemos ver un video sobre a compaña “Innovate or Die”. O video mostra a un portátil MAC alimentado a pedales.