* Estás vendo os posts etiquetados como ‘firewall’

Nftables, substituto de IPtables

Parece que igual que ipchains e ipfwadm, iptables vai a desaparecer e o novo sistema será NFtables.

Polo momento atópase nos primeiros momentos dunha release pública, pero seguro que será a versión que se usará nos vindeiros anos en Linux.

No seguinte artigo podemos ler máis sobre o tema, así como ver as novas sentencias de configuración: http://lwn.net/Articles/324251/. O artigo está en Inglés, pero é moi interesante e podemos achegarnos a como será o futuro dos firewall linux.

Teremos que ver como reaccionan os desenvolventos de utlidades como Shorewall que ata o momento permitían a súa integración con iptables. Se NFtables comeza a ser a solución usada, deberán integrarse con ela.