* Estás vendo os posts etiquetados como ‘Foto’

Como fotografiar o Martín Pescador

Increible post explicando como fotografiar a un Martín Pescador. Atopeino en Caborian. Dous membros Caborian, Juán Carlos Cruz e José Luís Rodríguez, fan unha pequena explicación de cómo conseguir unhas magníficas fotografías dun Martín Pescador. A verdade é que o resultado é impresionante, podédelo comprobar aquí: Martín Pescador en Caborian.

No video podemos ver o que dixeron dun modo resumido e seguro que moi acelerado. Espero que o disfrutedes tanto coma min:

Vía: Caborian

Nikon D700 , da especulación á realidad

Despois de estes días nos que se leva falando dos rumores de Nikon, descúbrese que a Nikon D700 é unha camara real e en formato Full Frame.

O máis importante de este modelo é que tratará de competir cunha cámara moi rodada e con moi boas críticas como a Canon 5D, xa que, esta Nikon é unha cámara Full Frame a un prezo contido ( JEJE, 2600 €).

A ver que tal responden os usuarios ante esta nova cámara. Polo momento o lanzamento da D3 e D300 foi todo un éxito, agora teremos que esperar para ver se o da D700 volve a selo.

Tamén queda  por ver se o rumor da D3x é certo, porque podería ser unha bomba.

Máis info:

Nikon 70 - 300 VR , quen mo presta ?

O Nikon 70-300 AF-S VR é un obxetivo bastante económico e moi resultón. Despois de leer e buscar información dun tele decente, estou case decidido por ese. Vin probas alucinantes coma esta de Ojodigital: http://www.ojodigital.com/foro/showthread.php?t=124485.

Tamén busquei fotos para ver como quedaría pegado á miña cámara, e realmente queda ben:

Foto de:  clicks_1000

Ó que vou, algué se ofrece a deixarmo probar ? Sería con dono diante e podería ser nunha sesión de spotting en Galicia ou Portugal, en Porto por exemplo.. ou en tal caso en Lisboa… pero non quería ir tan lexos.

Máis info:

Spotters en Heathrow cazando o A380

Pois para o primeiro voo do Airbus A380 de Singapore Airlines, estaba petada esa finca… cobrarían entradas ?

Qué son os Spotters ?

Pois para os que non o saiban, aquí tedes unha explicación:

Qué bonito o pintan non ?

Canon 5D MK II ?¿ Rumor ? Fallo ? Marketing Viral ?

Unha vez máis sae á luz un fallo, rumor ou un fake, que pronto descubriremos se é real:

Actualmente no enlace non aparece listado o modelo. Según se comenta, hoxe (22/04/2008) sería o día da súa presentación, pero polo momento non se sabe nada (aínda é cedo…). Aquí comentan que hoxe sería o día de presentación. Veremos o que acontece durante o día de hoxe! Será esta … a Canon 7D ??

Máis info:

Extensión Firefox para leer EXIF

Pois levaba tempo querendo instalar unha extensión de este tipo. Esta é sinxela, funciona en Mac OSX, Windows e Linux. É sinxela de instalar, so hai que pulsar: FxIF.

O funcionamento é sinxelo, unha vez está instalado so temos que pulsar co botón dereito sobre a foto e seleccionar “Propiedades”. Agora na pantalla de propiedades xa sae a información Exif.

Máis info: