* Estás vendo os posts etiquetados como ‘google’

O peor logo de Google dende fai tempo

Google Logo

Parece ser que Google esta vez non estivo moi inspirado e rompei completamente o que foron os seus logos. ¿Por qué incluiría Google un logo con fondo esta vez? Este ano na conmemoración do nacemento de Diego Velazquez usou un fondo. Aquí tedes moitos dos logos de Google: http://www.google.com/holidaylogos.html

10 cumpreanos de Google

O 27/09/2008 Google cumplíu 10 anos! 10 anos mercando empresas, acertando en case todo, invertindo, instalando máis e máis centros de datos, equivocándose, facendo censura en países pouco aperturistas, pero 10 anos crecendo e axudando a moita xente (un servidor é un deles…) a atopar o que busca.

10th Google Birthday logo

Moita xente non podería vivir sin Google. Actualmente Google non é so un buscador, é un organizador de imaxes on-line, unha web de streaming de video (mellor dito dúas), un servizo de mapas, etc. O 27 de setembro tamén creou unha web para conmemorar ese día tan importante, o seu nacemento.

Para os nostálxicos existe a primeira versión do buscador de google en: http://www.google.com/search2001.html.

Google Chrome , o novo navegador de Google

Google acaba de sacar un novo navegador, Chrome.

Google Chrome


Polo momento so existe versión compilada para Windows XP e para Windows Vista. As versións de Linux e Mac deberán esperar un tempo. Para descargalo accede a: http://www.google.com/chrome. Na mesma web podes darte de alta para que che avisen do lanzamento da versión para o teu sistema operativo.

Existe documentación para comezar a compilar código para Linux. No seguinte enlace podedes atopar a información necesaria para facer unha compilación para Linux: chromium.org.

As primeiras probas que fixen dan un resultado satisfactorio, moi rápido, sinxelo de instalar e ca web do Gmail vai coma un tiro!

Descarga:

http://www.google.com/chrome