* Estás vendo os posts etiquetados como ‘hadron collider’

Chega o fin do mundo ?

Pois hoxe ponse en marcha o LHC , o Gran Colisionador de Hadróns. Será ás 9:30 da mañá cando se producirá a primeira inxección dun pequeno grupo de partículas. Este gran avance tecnolóxico atópase entre Suiza e Francia, pero non vos preocupar, se algo sae mal, compartirán o desastre con todos nós.

Antes de que o evento teña lugar Lyn Evans, lider do proxecto LHC, pronunciará unhas palabras e explicará que van a facer exactamente. Logo Robert Aymar, director do CERN, pronunciará unhas palabras. A partir de aquí,. sobre as 09:30 poderemos serguir o evento nun webcast da web do CERN.

Qué pasará ? Pois existen varias teorías, incluso no peor dos casos, o buraco negro xenerado, non estaría activo tanto tempo como para acabarse o mundo.

De todos modos, existe unha frase que leín onte en Microsiervos:

“Si alguna vez acabamos destruyendo el mundo, la última voz en oirse probablemente sería la de un experto diciendo que «eso no puede suceder».”

Peter Ustinov

Realmente este home tiña toda a razón. Esperemos que hoxe o día sexa un día máis da nosa asquerosa rutina. Quédavos algo por facer ? Tedes media hora.

Editado 13:15:

Pois parece que seguimos aquí… así que algo debeu sair mal ;)