* Estás vendo os posts etiquetados como ‘Linux’

Arte con luces de Coraid

Coraid é unha empresa que fabrica sistemas de almacenamento en rede baratos. Usan o protocolo AoE. O seguinte video mostra varias unidades Coraid traballando creando un curioso baile de luces.

Visto en: Mike Neir’s Page

Eliminar configuración “slave” MySQL

Unha tarefa bastante habitual é configuración dun escravo para a replicación de datos, para obter así unha seguridade ante unha eventual caída do servidor principal de base de datos.

A operación é sinxela e consta de so dúas instruccións que terán que ser executadas no servidor escravo:

stop slave;
CHANGE MASTER TO MASTER_HOST=”;

Con estas dúas operacións asegurámonos de que o servidor escravo deixe de propagar os cambios rexistrados no servidor mestre(principal).

Discos de máis de 32 GB en Fat32

Os sistemas de Microsoft traen limitacións para formatear discos de máis de 32 GB en FAT32, aínda que o sistema de ficheiros si soporta volumens maiores (Ata 2 TB).

Para poder formatear volumens maiores existe a utilidade Fat32format . O uso é sinxelo:

fat32format.exe unidade

Recuperar Grub bootloader

Todos tivemos problemas algunha vez co noso grub. Normalmente é sinxelo recuperalo, pero últimamente cos discos SATA xurde algún que outro problema.

Método que eu usaba ata o momento:

  • Arrancamos o sistema con un disco arrancable alternativo (USB, cdrom, etc.)
  • Poñémonos como root (sudo su, su, etc..)
  • Montamos a partición do sistema que queremos recuperar o arranque (mount /dev/sda1 /mnt/sistema)
  • Facemos a partición a raíz do sistema (chroot /mnt/sistema)
  • Por último executamos grub-install /dev/sda ou grub-install hd0, ou o disco no que se atope a partición de sistema.

O método que me resultou, despois de que me fallara o anterior:

  • Arrancamos o sistema con un disco arrancable alternativo (USB, cdrom, etc.)
  • Poñémonos como root (sudo su, su, etc..)
  • Accedemos ó grub, co comando grub
  • Logo aparecerá unha shell cun prompt grub> . Ahí executaremos:
  • find /boot/grub/stage1
    Este comando proporcionará a información da partición que contén o sistema, como exemple (hd0,1)
  • grub>root (hd0,1)
  • grub>setup (hd0)
  • E por último saímos do grub, grub>quit

Logo de usar calqueira dos dous métodos (sempre que algún deles funcione) reiniciamos e xa temos o grub funcionando de novo.

Controlando Swap en Linux, swappiness

Por norma xeral facer swap en Linux provoca unha caida do rendimento brutal (na maioría dos casos), pero por outro lado necesitamos que o swap exista e que se use no momento no que a memoria do sistema se agote.

Para configurar isto dunha maneira optima temos a variable: /proc/sys/vm/swappiness. Por defecto esta variable ten un valor de 60, e pode tomar valores de 0 a 100.

Explicamos estes valores: canto máis alto sexa este valor, máis preferencia terá o Swap sobre a memoria do sistema. Según as miñas probas se o valor é 60, indica que o se a memoria libre do sistema é menor que o 60% tenderase a usar o swap.

Recoméndase tratar de evitar o uso do swap sempre que sexa posible, xa que, a memoria do sistema é máis rápida que o acceso a disco. Por outro lado, nun portátil deberase evitar o acceso a disco o máximo posible para optimizar a duración da batería. Para iso podemos usar un valor menor que 20, para que o uso do swap sexa o menor posible.

Para facer que este valor perdure nos reinicios deberemos configuralo no ficheiro de configuración: /etc/sysctl.conf. A liña a engadir:

vm.swappiness=10 # O número é o que deberedes variar ata conseguir o voso valor óptimo.

Para liberar o swap:

swapoff particion_swap
swapon particion_swap

É seguro, pero lento, pero é recomendable facer probas nun sistema que non sexa de producción.