* Estás vendo os posts etiquetados como ‘memoria’

Controlando Swap en Linux, swappiness

Por norma xeral facer swap en Linux provoca unha caida do rendimento brutal (na maioría dos casos), pero por outro lado necesitamos que o swap exista e que se use no momento no que a memoria do sistema se agote.

Para configurar isto dunha maneira optima temos a variable: /proc/sys/vm/swappiness. Por defecto esta variable ten un valor de 60, e pode tomar valores de 0 a 100.

Explicamos estes valores: canto máis alto sexa este valor, máis preferencia terá o Swap sobre a memoria do sistema. Según as miñas probas se o valor é 60, indica que o se a memoria libre do sistema é menor que o 60% tenderase a usar o swap.

Recoméndase tratar de evitar o uso do swap sempre que sexa posible, xa que, a memoria do sistema é máis rápida que o acceso a disco. Por outro lado, nun portátil deberase evitar o acceso a disco o máximo posible para optimizar a duración da batería. Para iso podemos usar un valor menor que 20, para que o uso do swap sexa o menor posible.

Para facer que este valor perdure nos reinicios deberemos configuralo no ficheiro de configuración: /etc/sysctl.conf. A liña a engadir:

vm.swappiness=10 # O número é o que deberedes variar ata conseguir o voso valor óptimo.

Para liberar o swap:

swapoff particion_swap
swapon particion_swap

É seguro, pero lento, pero é recomendable facer probas nun sistema que non sexa de producción.