* Estás vendo os posts etiquetados como ‘mysql’

Eliminar configuración “slave” MySQL

Unha tarefa bastante habitual é configuración dun escravo para a replicación de datos, para obter así unha seguridade ante unha eventual caída do servidor principal de base de datos.

A operación é sinxela e consta de so dúas instruccións que terán que ser executadas no servidor escravo:

stop slave;
CHANGE MASTER TO MASTER_HOST=”;

Con estas dúas operacións asegurámonos de que o servidor escravo deixe de propagar os cambios rexistrados no servidor mestre(principal).

MySQL 5.1 Particións “Partition Pruning”

Pouco a pouco irei falando das novas características do MySQL 5.1. É a nova versión de MySQL que todavía está en RC (Release Candidate).

Unha das características máis esperadas son as particións, pero polo momento parece que será unha característica que se atopará moi “verde” no momento de facer a versión GA (Generally Available).

Se queredes comenzar a xogar con todas as novas opcións, como particións e eventos, podedes descargala de:  MySQL 5.1.

Continuar Lendo »