* Estás vendo os posts etiquetados como ‘nikon’

Nikon D700 , da especulación á realidad

Despois de estes días nos que se leva falando dos rumores de Nikon, descúbrese que a Nikon D700 é unha camara real e en formato Full Frame.

O máis importante de este modelo é que tratará de competir cunha cámara moi rodada e con moi boas críticas como a Canon 5D, xa que, esta Nikon é unha cámara Full Frame a un prezo contido ( JEJE, 2600 €).

A ver que tal responden os usuarios ante esta nova cámara. Polo momento o lanzamento da D3 e D300 foi todo un éxito, agora teremos que esperar para ver se o da D700 volve a selo.

Tamén queda  por ver se o rumor da D3x é certo, porque podería ser unha bomba.

Máis info:

Nikon 70 - 300 VR , quen mo presta ?

O Nikon 70-300 AF-S VR é un obxetivo bastante económico e moi resultón. Despois de leer e buscar información dun tele decente, estou case decidido por ese. Vin probas alucinantes coma esta de Ojodigital: http://www.ojodigital.com/foro/showthread.php?t=124485.

Tamén busquei fotos para ver como quedaría pegado á miña cámara, e realmente queda ben:

Foto de:  clicks_1000

Ó que vou, algué se ofrece a deixarmo probar ? Sería con dono diante e podería ser nunha sesión de spotting en Galicia ou Portugal, en Porto por exemplo.. ou en tal caso en Lisboa… pero non quería ir tan lexos.

Máis info: