* Estás vendo os posts etiquetados como ‘simyo’

Simyo continúa con problemas na rede 3G

Pues parece que Simyo non quere solucionar os problemas da rede 3G no Morrazo, ou pola contra non lle interesan os clientes en xeral ou da zona do Morrazo. O que teño claro é que menos mal que existe Yoigo, xa que, volvín a recurrir a eles, porque o de Simyo é todavía peor.

Levo dende o día 12/06/2008 sen que funcione Internet. Abrín a incidencia o día 14/06/2008 en Simyo e un par de días despois en Orange (que eu creo que é o responsable real do problema de Internet). Todavía sigo igual e non vexo trazas de melloría.
Para qué sacan ofertas que non poden cumplir nin por asomo ?? Estropean a mágnifica imaxe que crean ou que tentan crear cando nace a empresa. Eu non son un experto en marketing, así que adiante ca política tan extraña das operadoras de telefonía!!

Problemas 3G Simyo, outra vez

De novo volvemos a ter problemas de acceso a internet en 3G na rede de Simyo. Fai pouco tempo que me conecto con Simyo (3 meses ou así) pero xa é a segunda vez que non me funciona a rede 3G (tendo cobertura) e sí a rede 2G, ca conseguinte lentitude no acceso.

Isto pinta igual que o de Yoigo, barato, pero mal servizo. Eu polo momento estou contento co rendimento do servizo, pero non me convence a pouca estabilidade. Levo dende o Xoves (12/06/2008) sen acceso a Internet a unha velocidade decente.

Cantos tedes o mesmo problema ? Teño a certeza que pola zona de Vigo, Nigrán funciona correctamente, pero polo Morrazo non. Será isto unha norma ? Responderá ás melloras da liña 3G de Orange ?

Teremos que esperar de novo. A incidencia leva aberta dende o Sábado (14/06/2008).

Problema 3G Simyo

Parece que o 3G de Simyo non funciona correctamente. Si conecto con 2G os paquetes son enrutados correctamente, pero si conecto con 3G parece que se conecta pero non se enruta nada. Empezo a pensar mal, e despois de ver o que pasou con Yoigo, parece que Simyo leva o mesmo camiño.

¿ Será un problema real ? ¿Unha artimaña para conseguir menos tráfico ante Orange ? ¿ Orange cortaría o grifo a Simyo ?

Na época na que estamos calqueira das tres podría ser válida. Xa existe unha incidencia aberta por varios usuarios,  en canto tempo solucionarán a incidencia ? Haberá que esperar…