Increible relato presidente asociación víctimas accidente de Barajas
Case un mes despois do accidente do avión de Spanair en Madrid Barajas, seguimos a ver como un país supostamente avanzado, de primeira liña, non está á altura dunha situación coma a dun accidente de aviación. O goberno de España e a prensa, están xogando a algo que non resulta nin agradable nin aceptable. Todos os días se fala do famoso “Informe preliminar”, de exclusivas e por último do video.
Como pode ser que todas as televisións, algunhas delas falan de seriedade, de prioridade á información, usen o tema dun accidente como este para lanzar exclusivas continuamente?. Non me parece razonable, nin creo que sexa legal, ¿ cómo pode ser que un video clasificado como confidencial saia nunha cadea de televisión como exclusiva sin ningún tipo de consecuencias ? Creo que as cadeas que emitiron estas imaxes que foron clasificadas como confidenciais deben ser penalizadas, ó mesmo tempo que os responsables das filtracións (dende o primeiro ó último…) deben ser penalizados. Ó mellor fomento debería recapacitar sobre as declaracións que se fixeron e sobre as actuacións que está levando a cabo.
O que máis me alucina do relato que comenta este home, é que indica (tal como se viu na tele) que os mesmos periodistas que siguen as “chorradas” da prensa do corazón, son enviados a entrevistar e facer preguntas absurdas e simplemente morbosas ós familiares das víctimas. Resúltame indignante a maioría da prensa de este país, simplemente buscaron a lágrima e o morbo (E síguenna buscando…).
Por certo, alguén me pode explicar que aporta o video ?
O relato do que falamos:








